jueves, 3 de enero de 2019

'I'm a Man' Vs...

Un dos temas que máis se está a reivindicar nos últimos tempos é este 'I'm a Man' dos Spencer Davis Group. Foi publicado como single en 1967, con 'I Can't Get Enough Of It na cara b', e uns meses despois foi incluído no quinto álbum da banda que levaba o mesmo nome ("I'm a Man", United Artists Records). 
O tema foi composto por Jimmi Miller e polo xonvencísimo Steve Winwood,  último no que participou Steve Winwood coa banda antes de enrolarse noutros proxectos con Eric Clapton e Traffic.



O tema foi obxeto de numerosas versións de inmediato, pero quedou un tanto esquecida anos despois. Nos últimos anos os covers e reximes do seu potencial se multiplican. Imos cos dous que máis nos gustan.

En 2010 o productor Smoove (Jonathan Scott Watson) lanzaba un remix do tema, que logo seguiría empregando co seu proxecto de banda Smoove & Turrell dende o 2012, sacando todo o partido da rítmica funk do tema (aquí os tedes en directo).


Recentemente foi Ty Segall que fixo unha nova versión do tema. No seu último traballo "Fudge Sandwich" (In the Red Recordings, 2018) reúne 11 versións, e entre elas un cover moito máis contundente de 'I'm a Man'.


Seguro que chegarán máis nos próximos anos. Pero está claro, que para algúns foi todo un descubrimento para achegarse de novo aos Spencer Davis Group e ao xenial Steve Winwood.




No hay comentarios: