sábado, 29 de junio de 2019

'Insight' (Unknown Pleasures: Reimagined)

Nova entrega da serie audiovisual Unknown Pleasures: Reimagined, un dos proxectos cos que este ano se conmemoran os 40 anos do lanzamento do mítico "Unknown Pleasures" de Joy Division. 
Dez dos máis representativos creadores audiovisuais dos nosos días reinterpretan en clave de videoclip cada un dos 10 temas do álbum. 
Aquí tedes a peza correspondente a 'Insight', dirixida por Makoto Nagahisa.


jueves, 27 de junio de 2019

The New Mastersounds "The Nashville Sessions 2"

Máis novidades que nos chegan dende WillWork4Funk.
Noutras ocasións xa vos recomendamos traballos dos fantásticos The New Mastersounds. A banda de Leeds leva xa 20 anos sen pausa, e desta vez volven ás improvisacións en directo.
O pasado lanzaron dous álbumes, "Renewable Energy" (One Note Recs) que incluímos na nosa selección dos mellores álbumes do Black Grooves do 2018, e este "The Nashville Sessions 2", que obviamente é unha continuación das sesións que lanzaran no 2016.
A premisa é sinxela, o cuarteto reunido no estudio de Nashville Welcome to 1979, 100% analóxico, rodeados de uns poucos convidados como público, e desenrolando improvisacións sobre unhas melodías de partida, ademáis de dous temas do Renewable. Dende ahí xurde a fusión de funk, jazz e rock, elementos groovie ou de jazz modal, coa única diferencia con respecto á colección anterior nos teclados -ao Hammond engaden un sintetizador analóxico-. O resultado non podía ser outro que o dunha banda en pleno estado de madurez divertíndose, e transmitindo toda esa enerxía positiva.
O certo é que é para escoitar de tirón, pero se precisades de recomendacións, quédome cos sete minutazos de desenrolo rítmico e a guitarra afiada de 'Thermal Bad', o achegamento ao modal en 'Afro Metropolis', ou a setenteira 'All I Want (Right Now)', que xunto con '3 on the B' teñen a Herbie Hancock como claro referente. E para pechar os 9 minutos de relaxante rítmica tropical de 'Six Underground'.
E se queredes máis, pois xa teñen dous novos 7'' no mercado, e seguro que o próximo álbum en camiño. Seguiremos desfrutando do seu groove.


THE NEW MASTERSOUNDS "The Nashville Sessions 2"
(One Note Records, 2018)

The Public Opinion Afro Orchestra "Naming & Blaming"

Imos con recomendacións para esta semana. 
Neste caso que chegan dende WillWork4Funk. 
Hoxe traémosvos a The Public Opinion Orchestra, unha big band de Melbourne que practica un afrobeat adictivo, respectando a instrumentación clásica do xénero e as súas estructuras, engadindo toques de hip-hop vocal que alterna cos xogos de voces do canon, e solos de vento propios do jazz. Unha mestura hipnótica en longos desenrolos dos temas, nos que destacan as ricas percusións, as posibilidades dos metais e os xogos corais. 
Abordan o afrobeat en toda a súa dimensión, non só no musical, tamén nas letras, combativas e comprometidas, dando continuidade as problemáticas panafricanistas que dununciaba Fela Kuti nos 70s, xa con outra dimensión xeracional.
"Naming & Blaming" é o seu segundo álbum, lanzado en novembro do ano pasado. Ademáis tamén teñen un álbum anterior "Do Anything Go Anywhere" do 2010, que descoñeciamos, ademáis de un par de singles do 2011 e do 2015, pero que tamén vos recomendamos.
'No Passport', 'Fight so Hard', 'Medicine' ou a propia 'Naming & Blaming' inclúen longos coa estructura clásica do afrobeat e melodías bastante recoñecibles do xénero, con coidadas incorporacións de jazz e con spoken e rap, alternando as melodías de Lamine Sonko como voz principal e as intervencións de MC One Sixth. Para rematar, o tema máis breve e enérxico, 'The System', unha peza explosiva que concentra tódolos elementos en só 4 minutos de pura maxia.

Bandcamp de The POAO.
Ver na web de WillWork4Funk.

THE PUBLIC OPINION AFRO ORCHESTRA "Naming & Blaming"
(Hopestreet Recordings, 2018)




miércoles, 26 de junio de 2019

Revista Cen Follas

O pasado xoves 20 de xuño, presentouse na Feira do Libro de Cambados, o primeiro número da revista Cen Follas de Artes de Letras
Está editada pola Asociación Cen Follas, e ademáis de artigos de arte, entrevistas e contribucións literarias, inclúe un dossier da actividade cultural cambadesa do último ano. Unha desas iniciativas que é obrigatorio apoiar. 
A nosa noraboa aos editores!!



martes, 25 de junio de 2019

Vibravoid "On The Outside Looking In"

Máis material de Vibravoid que recuperamos.
Isto non é novo, pero o empregamos recentemente para outras publicacións, e caímos na conta que nunca o compartíramos no blog dos RifRocKerZ.
"On the Outside Looking In" é unha peza audiovisual montada pola xente do fanzine xermano TimeMazine como soporte audiovisual para un dos seus programas de radio. No 2017 adicaron un aos Vibravoid, titulado "On The Outside Looking In", empregando os temas 'Raga Baya', 'Alphawave', 'Incense And Peppermints', 'Rheinflow', 'Just Let Go', 'Stepping Stone' e 'Seefeel'. 
Pouco máis de 20 minutos para ver, ou escoitar, de un tirón.



viernes, 21 de junio de 2019

Volvemos o Venres 28

AVISO IMPORTANTE PARA ESTA SEMANA!!
Lembrade que esta semana collemos vacacións no local, así que este fin de semana (venres 21 e sábado 22) non teredes Rif-Rock.
Moitos xa estaban avisados, pero o recordamos de novo.
VOLVEREMOS O VENRES 28, con outra entrega da serie Black Grooves!... 
Mentres, pasádeo o mellor posible.


jueves, 20 de junio de 2019

Pere Ubu "The Long Goodbye"

Máis novidades. David Thomas acaba de presentar estes días o novo álbum de Pere Ubu, "The Long Goodbye" con saída para o 12 de xullo.
Segundo Thomas é a fin dun camiño -esperemos que non literalmente-, un álbum moi diferente a todo o que leva feito nos últimos 40 anos, con máis presencia de bases electrónicas, sintetizadores e caixas de ritmos, pero tamén incorporando percusión tribal de Peter Jørgens, e multitude de instrumentos como clarinetes, acordeóns... Aínda que nada diso sexa novedoso no seu repertorio, promete unha fusión entre techno e rock na súa proposta avant-garde, que sintetiza como avant-garage. Teremos que oílo todo.
Ademaís o álbum será lanzado xunto con "Monteuil" un disco extra que recolle un directo de decembro do ano pasado no teatro de Montreuil, en Paris, na primeira presentación destess temas en directo, algunha versión e descartes aínda inéditos.
Polo momento nos deixa de mostra 'What I Heard On The Pop Radio'.

PERE UBU "The Long Goodbye"
(Cherry Red Records, 2019)



miércoles, 19 de junio de 2019

PJ Harvey 'The Crowded Cell'

PJ Harvey está ocupada nos últimos tempos na composición de temas para bandas sonoras. Recentemente encargouse da banda sonora do remake de All About Eve (a mítica Eva al Desnudo, de Mankiewicz), e tamén do documental A Dog Called Money, que inspirara o seu último álbum de estudio.
A semana pasada lanzouse a banda sonora da miniserie británica The Virtues, unha producción de Warp Films para Channel 4. 
Na colección inclúense temas de Micah P. Hinson, Aphex Twin ou MONO, ademáis de seis novos temas de PJ Harvey. Para a presentación do álbum lanzouse o video clip de 'The Crowded Cell' que pecha a banda sonora.



martes, 18 de junio de 2019

Iggy Pop 'Run like a Villain'

Máis revisións audiovisuais.
A semana pasada, Iggy Pop lanzou o videoclip do tema 'Run Like a Villain', que pertencía ao seu álbum "Zombie Birdhouse" (Animal Records) de 1982. 
Trátase dun álbum dunha época moi errática na súa carreira tras os dous traballos coa produción de Bowie, na que tanto buscaba recuperar o son Stooges, coma se tiraba de cabeza ao post-punk e á new wave. Foi unha época de discos menores, de pouca repercusión no seu momento, e que tampouco melloraron demasiado co paso do tempo, aínda que por suposto entre tanto material hai moitos temas que se salvan desa queima. 'Run like a Villain' é unha desas curiosidades.
O clip animado a cargo de Marta Kacprzak.



lunes, 17 de junio de 2019

AVISO. Vacacións ata o 28 de xuño

AVISO IMPORTANTE PARA ESTA SEMANA!!
Esta semana collemos vacacións no local, así que o próximo fin de semana (venres 21 e sábado 22) non teredes Rif-Rock.
Moitos xa estaban avisados, pero o recordaremos de novo a final de semana.
VOLVEREMOS O VENRES 28, e con ganas... 
Mentres, pasádeo o mellor posible.


Kings of the Beach 'Slacker'

Novo videoclip dos Kings of the Beach.
O venres pasado estreouse na web de Mondosonoro o clip de 'Slacker', do seu álbum "Super Awkward, Fucking Awesome" (Ciudad Oasis, 2018).
Realizado por Hector Ramos e KOTB.



domingo, 16 de junio de 2019

Superser "Radiaciones en la Noche"

Xa tedes no bandcamp de Superser o seu último traballo, o lp "Radiaciones en la Noche". E próximamente en tódalas plataformas musicais.
Son oito temas de garage blues psychodélico que apuntan a un dos mellores álbumes do xénero neste ano, así que non o deixedes pasar.
De paso xa vos avisamos que quedan menos... logo non vos queixedes.
Bandcamp de Superser.

SUPERSER "Radiaciones en la Noche"
(Ulomanía Coop. / Pelgar / Sweet Grooves R. / Discos Positrónicos / Pafff Bum Discos!, 2019)



sábado, 15 de junio de 2019

Joy Division "Unknown Pleasures"

Hoxe cúmprense 40 anos do lanzamento do "Unknown Pleasures" de Joy Division. 
Foi o seu debut en lp logo dos seus dous exitosos singles previos. Como alguén o defineu, era o máximo horror elevado a beleza: 'Disorder', 'Insight', 'Shadowplay', 'She's Lost Control'... todo coa produción de Martin Hannett. 
Un imprescindible en calquera colección.

viernes, 14 de junio de 2019

"Unha historia da Música en Galicia 1952-2018"

A próxima semana chega ás librarías unha nova obra enciclopédica de Fernando Fernández Rego. "Unha Historia da Música en Galicia. 1952-2018" (Galaxia, 2019) é un volume da case 900 páxinas con abundante material gráfico e moitas entrevistas cos protagonistas.
Supoñemos que se trata dunha ampliación ambiciosa daquel "50 Anos de pop rock e malditismo na música galega" do 2010, editado por Toxosoutos, que ben merecía unha actualización.
Noraboa Fernando pola edición, e gracias por todo ese traballo.
Xa nos tarda facernos con el.
Xa o tedes dispoñible en prevenda na web de Galaxia.


Así o presenta o propio Fernández Rego:
"Unha Historia da Música en Galicia. 1952-2018" (Galaxia, 2019) pretende facer un intenso percorrido pola música galega dende os anos 50 ata a actualidade. Tomando como punto de partida esas orquestras e conxuntos que pouco a pouco comezan a virar cara o pop, o texto avanza analizando en profundidade os principais focos e escenas.
A idea do libro é centrarse fundamentalmente no pop, rock, punk e derivados, ademais de atender á canción de autor, desenrolos como o de Voces Ceibes ou o do Movemento Popular da Canción Galega, e tamén o jazz rock e o folk cando este se asocia co rock dalgunha maneira ou con desenrolos electrónicos ou vangardistas xa na actualidade.
O underground é estudado e explorado de maneira minuciosa e paixonal, tanto o dos anos 80 como o dos 90 e o da actualidade. Porque a contracultura e os movementos subterráneos foron en Galicia focos principais e vitais da súa historia musical, o xerme de grandes bandas e artistas
.

jueves, 13 de junio de 2019

Joy Division "Unknown Pleasures: Reimagined"


O próximo sábado, 15 de maio, cúmprense 40 anos da saída do "Unknown Pleasures" dos Joy Division. Ademáis dunha nova edición do lp que sae mañán mesmo, un dos proxectos máis orixinais é este "Unknown Pleasures: Reimagined", no que 10 directores de clips se encargan de realizar os video clips do seus 10 temas, cunha linguaxe audiovisual renovada.
Dende hoxe, ata o próximo día 21 de xuño, no que celebrarán un evento especial en Londres, subirase un clip por día na canle de youtube do proxecto: Unknown Pleasures: Reimagined.
O primeiro lanzouse hoxe mesmo, co último tema do álbum. 'I Remember Nothing', dirixido polo estudio británico Helgi & Hörður.



miércoles, 12 de junio de 2019

"Minidiscs [Hacked]" 18 sesións de Radiohead


Novo pelotazo dos Radiohead.
Onte lanzaron un breve comunicado, anunciando que tras ser víctimas dun hackeo, roubáranlles gran parte do material inédito que rexistraran entre o 95 e o 98, con chantaxe incluído para non facelo público. Esta gravacións correspóndense coas sesións das que deron forma ao "OK Computer", e parte do "Kid A" e o "Amnesiac".
Para non ceder á chantaxe, optaron por compartilas eles mesmos directamente no seu bandcamp. E aquí temos esta colección "Minidiscs [Hacked]". Son os arquivos en bruto que recollen 18 sesións, que oscilan entre os 17 e os 175 minutos, a maioría en torno a unha hora de duración.
Moito seguen dando de sí aquelas sesións, das que recuperan composicións daquela época en cada novo traballo. Agora, todas dispoñibles de golpe a partir de 20€, máis taxas, e polo momento só durante 18 días. Dende logo manexan estas historias coma ninguén. Outro golpe de efecto de Radiohead.
Xa dispoñible no seu bandcamp.

RADIOHEAD "Minidiscs [Hacked]"
(Radiohead, 2019)




L'Épée "Dreams"

A mediados de maio presentábamosvos a L'Épée. Un grupo formado por Anton Newcombe, The Limiñanas e Emmanuelle Seigner. Por fin nos fixemos co seu Ep de debut, "Dreams", cous temazos marca da casa, de psychodelia densa e melodías ye-yé. O propio tema 'Dreams' en versión normal e extendida, e 'Last Picture Show'. Xa podedes escoitar "Dreams EP" completo.

L'ÉPÉE "Dreams EP"
(A Records / Cargo, 2019)



martes, 11 de junio de 2019

Nicole Willis & Banda Palomita "My Soul Sensation"

Máis música soul.
Neste caso que nos chega dende WillWork4Funk. 
Novo álbum de Nicole Willis, unha auténtica todoterreo vocal, dende o soul, pop, trip hop... e nun estado de forma envexable nos últimos anos. 
Os seus últimos traballos xa foron destacados no noso blog e nas listas de cadanseu ano. No 2015 foi o "Happiness in Every Style", acompañada polos Soul Investigators, e no 2017 "My name is..." xunto con UMO Jazz Orchestra e a participación de Ian Svenonious. En febreiro chegou o seu último traballo, este "My Soul Sensation", acompañada por Banda Palomita, un quinteto seleccionado pola propia Willis para a ocasión, ademáis de convidados como é habitual nas últimas entregas, desta vez con Jimi Tenor como destacado.
Este novo álbum contén 6 temas, coma un ep, que discurre entre o disco, o afro boogie e o funk. 'I Call Your Name' e 'Reparate' presentan esa onda disco tan diferentes dos seus anteriores lps. 'Free' e 'My Soul Sensaction' seguen a mesma proposta, con máior presencia de jazz (e o saxo de Jimi Tenor) e melodías totalmente pop, que se amosa sen ningún complexo e aínda con máis variedade musical na derradeira 'My Reflection'.
Un disco de saber reinventarse e explorar novos sons, pero no que destaca sobre o resto o baixo de Ndioda Gueye. Todo un descubrimento.

Ver na web de WillWork4Funk.

NICOLE WILLIS & BANDA PALOMITA "My Soul Sensation"
(Persephone Records, 2019)



Marta Ren 'Worth it

Novo tema e clip da portuguesa Marta Ren.
'Worth It' é o tema do seu novo single, publicado por Record Kicks (ver na web), coa versión instrumental do mesmo na cara b.
É o adianto do seu novo álbum, pero teremos que agardar ata o 2020...
Edición limitada a 500 copias. Xa dispoñible no bandcamp.



sábado, 8 de junio de 2019

Ty Segall 'Taste'

A mediados de maio filtrouse o novo álbum de Ty Segall, cando aínda estabamos saboreando o seu último directo "Deforming Lobes" xunto coa Freedom Band. 
O seu novo traballo de estudio leva por título "First Taste", e saldrá coma sempre con Drag City, con saída está prevista para comezos de agosto. 
Polo momento, de xeito oficial só temos o primeiro dos temas do álbum no seu bandcamp, 'Taste', esta mesma semana lanzaron o video clip do mesmo tema.


jueves, 6 de junio de 2019

Breakin' Bones "A tumba abierta"

Novo traballo dos Breakin' Bones!
"A Tumba Abierta" é o seu novo álbum, 10 novos temas presentados en digipak que alternan o rockabilly elaborado co psychobilly máis divertido e acelerado. 
Chegan ademáis con nova formación, coa incorporación de novo baterista, e o resultado e máis diverso na proposta e con máis colaboracións.
Inclúen algún tema habitual dos seus directos dos últimos anos que non rexistraran antes, como 'Muñeco de Vidú' ou 'Stutterin' Cindy', e non non vos pedades 'Don't Have to hide' e 'Bizarro', ou a peza en galego 'O frío dos Mortos'. Para rematar ben arriba, a versión de 'Salvaje' dos Saicos a toda velocidade.
Incombustible Santi Mascareñas.

BREAKIN' BONES "A Tumba Abierta"
(Wildest Lamb Records, 2019)




miércoles, 5 de junio de 2019

Family Folks, clip de 'The River'

Novo clip dos Family Folks, co tema 'The River' incluído no seu último álbum "The Anvil Sea" (Gaztelupeko Hotsak, 2018). O video está realizado por Buhardilla Lab coa dirección de Thomas Dylan e Mateo H. Soto.



martes, 4 de junio de 2019

Pixies 'On Graveyard Hill'

Non me gusta nada dos últimos traballos dos Pixies, pero seguen ao seu, e eu seguirei picando, coma sempre. Onte mesmo lanzaron 'On Graveyard Hill', tema de adianto do seu novo álbum "Beneath the Eyrie" que sairá en setembro.



lunes, 3 de junio de 2019

4 momentos de 'You're Gonna Miss Me'

'You're Gonna Miss Me' non é o meu tema favorito de Roky Erickson, pero seguramente é o que todo o mundo recoñece e o que quedará para sempre coma o seu gran hit. Abría o álbum de debut dos 13th Floor Elevators "The Psychedelic Sounds of" en 1966, e seguirá acompañándonos sempre na banda sonora das nosas vidas. A modo de curiosidade, hoxe deixámosvos catro pezas en directo en momentos ben diferentes.
A primeira de 1966, no programa de TV American Bandstand, en plena xira de presentación do seu flamante álbum. A segunda en xuño do 1984, na primeira reunión da banda, no Liberty Launch de Austin, cun son moito máis contundente, que case soaba como a versión que fixera a finais dos 70s xunto con The Explosives (audio aquí). Para a seguinte saltamos ata o 2008, con Erickson acompañado polos contundentes Black Angels. A última de maio do 2015, no Austin Psych Fest, no que foi o último concerto dos 13th Floor Elevators coa presencia de Erickson, Hall, Leatherman e Walton, e co que celebraban o 50 aniversario da banda. 
E se queredes un bonus, neste enlace tedes a Erickson en xullo do ano pasado en San Francisco, nunha das súas últimas aparicións rexistradas.
Un tipo incombustrible.






domingo, 2 de junio de 2019