Máis música soul.
Neste caso que nos chega dende WillWork4Funk.
Novo álbum de Nicole Willis, unha auténtica todoterreo vocal, dende o soul, pop, trip hop... e nun estado de forma envexable nos últimos anos.
Os seus últimos traballos xa foron destacados no noso blog e nas listas de cadanseu ano. No 2015 foi o "Happiness in Every Style", acompañada polos Soul Investigators, e no 2017 "My name is..." xunto con UMO Jazz Orchestra e a participación de Ian Svenonious. En febreiro chegou o seu último traballo, este "My Soul Sensation", acompañada por Banda Palomita, un quinteto seleccionado pola propia Willis para a ocasión, ademáis de convidados como é habitual nas últimas entregas, desta vez con Jimi Tenor como destacado.
Este novo álbum contén 6 temas, coma un ep, que discurre entre o disco, o afro boogie e o funk. 'I Call Your Name' e 'Reparate' presentan esa onda disco tan diferentes dos seus anteriores lps. 'Free' e 'My Soul Sensaction' seguen a mesma proposta, con máior presencia de jazz (e o saxo de Jimi Tenor) e melodías totalmente pop, que se amosa sen ningún complexo e aínda con máis variedade musical na derradeira 'My Reflection'.
Un disco de saber reinventarse e explorar novos sons, pero no que destaca sobre o resto o baixo de Ndioda Gueye. Todo un descubrimento.
Ver na web de WillWork4Funk.
NICOLE WILLIS & BANDA PALOMITA "My Soul Sensation"
(Persephone Records, 2019)
No hay comentarios:
Publicar un comentario