jueves, 27 de junio de 2019

The New Mastersounds "The Nashville Sessions 2"

Máis novidades que nos chegan dende WillWork4Funk.
Noutras ocasións xa vos recomendamos traballos dos fantásticos The New Mastersounds. A banda de Leeds leva xa 20 anos sen pausa, e desta vez volven ás improvisacións en directo.
O pasado lanzaron dous álbumes, "Renewable Energy" (One Note Recs) que incluímos na nosa selección dos mellores álbumes do Black Grooves do 2018, e este "The Nashville Sessions 2", que obviamente é unha continuación das sesións que lanzaran no 2016.
A premisa é sinxela, o cuarteto reunido no estudio de Nashville Welcome to 1979, 100% analóxico, rodeados de uns poucos convidados como público, e desenrolando improvisacións sobre unhas melodías de partida, ademáis de dous temas do Renewable. Dende ahí xurde a fusión de funk, jazz e rock, elementos groovie ou de jazz modal, coa única diferencia con respecto á colección anterior nos teclados -ao Hammond engaden un sintetizador analóxico-. O resultado non podía ser outro que o dunha banda en pleno estado de madurez divertíndose, e transmitindo toda esa enerxía positiva.
O certo é que é para escoitar de tirón, pero se precisades de recomendacións, quédome cos sete minutazos de desenrolo rítmico e a guitarra afiada de 'Thermal Bad', o achegamento ao modal en 'Afro Metropolis', ou a setenteira 'All I Want (Right Now)', que xunto con '3 on the B' teñen a Herbie Hancock como claro referente. E para pechar os 9 minutos de relaxante rítmica tropical de 'Six Underground'.
E se queredes máis, pois xa teñen dous novos 7'' no mercado, e seguro que o próximo álbum en camiño. Seguiremos desfrutando do seu groove.


THE NEW MASTERSOUNDS "The Nashville Sessions 2"
(One Note Records, 2018)

No hay comentarios: