Mais recomendacións para esta semana.
Neste caso que tamén nos chega dende Will Work 4 Funk.
Hoxe achegámonos ao último traballo de Ae3, o trío de jazz soul funk do baterista Alan Evans, acompañado pola guitarra de Danny Mayer e o organista Kris Yunker, aínda que ao longo do álbum todos se alternan nos instrumentos e diferentes ocasións. Tres membros con carreiras máis que contrastadas en formacións coma Soulive, Eric Krasno Band ou Jen Durkin and the Business.
"The Wild Root" é o terceiro álbum deste proxecto, co que non presentaba novo material dende hai 5 anos ("Woodstock Sessións Vol.1", 2014), pero co que seguen a profundizar na intensidade do funk e soul dende as posibilidades dun formato de jazz, dende a rítmica do funk máis poderoso ou as pezas do soul máis doce.
O álbum ábrese dun xeito contundente, co rítmica da propia 'The Wild Root' seguida de 'Danny for Mayor', unha peza que se achega ao rock psicodélico dende o acid jazz. 'The Surveyor' e 'Ojo Kan' van facendo unha transición cara a parte máis soul e sentida do álbum, inspirados nas composicións do blaxploitation, ata a fermosa 'Nightside'.
Na cara B atopamos unha estructura semellante. Comeza coa enérxica 'Green Machine', con tódolos compoñentes acelerando tempos, e segue con 'Black Rider' único tema vocal do álbum, coa voz de Evans e as guitarras contundentes que o converten nunha peza de funk máis escuro e complexo. Con 'Regeneration' e 'Sanctuary' atopamos unha secuencia similar á cara anterior, avanzando cara unha rítmica moito máis amable, ao servicio das melodías, para rematar de xeito máis pausado, poñendo calma a un álbum que seguramente teredes a necesidade de volver a escoitar completo do tirón.
Ver na web de WillWork4Funk.
ALAN EVANS TRIO "The Wild Root"
(Vintage League Music, 2019)
No hay comentarios:
Publicar un comentario