No 2016 os Mystery Lights deixáronnos fascinados co seu álbum de debut.
Os de NYC tardaron case tres anos para traernos a súa segunda entrega, e aínda que hai xa meses que lle levamos dando voltas, o certo é que costou pillarlle o punto máis aló de un par de temas. De primeira escoita pareceunos demasiado sinxelo, logo demasiado artificial, ou demasiado experimental... Co tempo foi gañando, e ainda que segue a parecernos inferior ao seu debut, "Too Much Tension" acabará sendo un dos discos do ano. Un traballo más variado, garage psicodélico con maior profundidade e versatilidade. Ao fin e ao cabo, sempre pedimos unha volta de torca máis para non estar sempre nas mesmas non?. 'I'm So Tired of Living in the City' e 'Can't Get through my head', ou xa na cara b a propia 'Too Much Tension' e 'It's alright' son dos temas que máis apareceron nas nosas sesións dos últimos meses, e ahí seguirán por moito tempo.
E xa que estamos, esta semana os tedes de xira pola península, asi que se podedes aproveitade a velos en directo.
THE MYSTERY LIGHTS "Too Much Tension"
(Wick Records, 2019)
No hay comentarios:
Publicar un comentario