Hoxe imos con algo de revival dos nosos anos máis mozos: unha de Soundgarden, que seguro que non o esperabades.
Tralo finamento de Cornell estamos a ler en diferentes medios que está a prepararse o lanzamento de material inédito da banda, e por medio atopámonos con esta gravación que non coñeciamos.
Trátase dun directo da banda na tenda de discos de Rhino Records Westwood de Los Angeles o 24 de setembro de 1989. O video foi subido no 2016, así que xa vedes se tardamos en coñecelo...
Son 31 minutos nos que interpretaron temas do seu segundo álbum "Louder than Love", lanzado aquel mesmo mes de setembro, e rematando con 'Beyond the Wheel' do seu debut "Ultramega OK".
Paga a pena por velos na súa primeira época e nun contexto tan pouco habitual antes de converterse na megabanda que despois foron.
No hay comentarios:
Publicar un comentario