Un dos álbumes ao que máis ganas lle tiñamos neste comezo de ano era o novo traballo dos dúo portugues Sunflowers. "Endless Voyage" é o seu terceiro lp
e xa o tedes dispoñible dende comezos de febreiro.
Está presentado a modo de álbum conceptual, co seu prólogo e o epílogo final, cunha historia que reflexiona sobre o enfrontamento entre o individuo e as máquinas.
Preséntannos temas de garage punk marca da casa, pero incorporando máis noise que nas entregas anteriores. Destaca a alternancia deses temas tan característicos con outras pezas a modo de recheo de interludios e exercicios de ruídismo e pausa, coa cadencia mecánica das maquinas.
A pesar dos 12 cortes, prácticamente podemos reducilo a cinco temas: a ruidista 'Detective Machine', o temazo 'A conflict taking place', o single 'Dreamweaver' que é a peza máis pop do álbum, os case seis minutos e medio de 'Oscillations' de pura enerxía, e a primeira parte de 'Endless Voyage'.
Que ganas de volver a velos en directo cando todo esto pase.
Hoxe cúmprense 50 anos dun dos álbumes máis impresionantes da historia.
O "Bitches Brew" de Miles Davis. Como se ten dito moitas veces, de non ser porque é un disco de jazz, sería un dos mellores álbumes de rock de tódolos tempos.
Novo clip dos Dream Syndicate, co tema 'The Longing'. É o segundo adianto do seu próximo álbum, "The Universe Inside", que debería sair a comezos de abril con ANTI-Records. Sexa cando sexa, apunta a discazo.
Aquí tedes unha das iniciativas máis interesantes que atopamos pola redes nestes días: MUSIC FOR GLOVES.
Unha plataforma de bandcamp na que participan moitos selos pequenos (cada vez máis) subindo eps, con temas das súas bandas, moitos deles inéditos.
Os ingresos das desgargas destinaranse a mercar guantes de protección para hospitais. Ahí tedes material de Rocktopus Tes Party, Bickerton, Discos de Kirlian, ou Action Weekend entre outros moitos.
Ademáis tamén atoparedes temas inéditos de Los Wavy Gravies no ep de Family Spree, ou dos Superser no de Sweet Grooves.
Tal día coma hoxe do 2016 estabamos cunha boa resaca logo do concerto dos Scary Monsters. Foi o noso tributo a Bowie, con todos os da banda da casa ao completo.
A semana pasada deixaba este mundo o irrepetible Genesis P-Orridge, figura tan excesiva no mundo musical e cultural que nunca foi apto para as masas.
Obsesionado por estar na vangarda creativa e empregando a provocación coma linguaxe, sempre en compañía de figuras non menos excesivas: Cosey Fanni
Tutti e Peter Christopherson.
Foron conscientes dos novos tempos antes que ninguén, facían música industrial para xente industrial, aínda que o seu obxectivo nunca foi chegar a demasiada xente, senón axitar conciencias. Empregaron a linguaxe violenta, a pornografía e a política extrema buscando a reacción do personal, e nese campo sempre destacaron por encima do resto. O propio Genesis foi tamén o primeiro artista trans recoñecido no mundo da música.
Primeiro foron Throbbing Gristle e logo Psychic TV, para continuar as súas carreiras en paralelo. Con ambos proxectos foron pioneiros dunha nova dimensión da música ambiental e da electrónica, e iniciando as primeiras manifestacións da música industrial, que levaron ata os límites. Entre as dúas bandas publicaron máis dun cento de álbumes, ducias deles de estudio, e infinidade de álbumes en directo rexistrados que sempre eran diferentes.
Aproveitamos o pasamento de Genesis P-Orridge para recomendarvos un dos seus álbumes. Poucos dos seus traballos son accesibles para un oínte convencional, pero podemos escoller un par deles. Dos Psychic TV recomendariámosvos un dos seus últimos lanzamentos, o "Trip/Reset" de 1996, unha xoia de psycodelia experimental.
Pero hoxe deixámosvos un dos Throbbing Gristle, da súa primeira época, o "20 Jazz Funk Greats". Foi o seu terceiro álbum de estudio, lanzado en 1979, con esa portada tan setenteira a medio camiño entre a estética pop sixties e a new wave, ou de seguidores do Canterbury sound.
Seguramente foi o máis popular da súa carreira, e o que deixou maior pegada e influencia no musical. Por suposto non atoparedes jazz e moito menos funk. É unha álbum de música electrónica, industrial e de vangarda, con tendencia ao miniamalismo antes de que estivera de moda na música popular, e ao ruidismo doutro modo ao que se entendía naquel momento.
Podedes escoitalo dunha sentada, pausado por momentos, histriónico noutros, con certas melodías que sempre chegan a tempo para non deixalo, e violento cando comezas a relaxarte. 'What a Day' foi o gran tema deste álbum, aínda que pouco tiña que ver co resto.
Playa Desmayo son Roi Paz (guitarra e voces) e Gaspar Baluja (batería e voces), e dende A Coruña tráennos este "Atardicidio" que contén 5 trallazos de garage punk sen concesións, presentados en forma de vinilo 7” nunha edición limitada de 300 copias.
Esta editado por Ulomanía Coop., Pafff... Bum Discos, Sweet Grooves Records e Playa Desmayo.
Todo gravado por Nacho Roca nos estudios Who Sounds de Madrid e masterizado por La Cortina Roja na Coruña. Os espectaculares deseños corren a cargo de Gonzalo di Gregorio.
En canto pase esta tolemia, nova info de cómo conseguir a túa copia e actualización de datas para disfrutar de Playa Desmayo e o seu directo!
Da man dos amigos de Will Work 4 Funk chéganos a recomendación de Road Trip, o LP de debút da banda Beat Bronco Organ Trio, publicado o pasado 28 de febrero de 2020 polo selo suizo Rocafort Records.
Beat Bronco está composto por músicos experimentados da escea soul/funk madrileña: Gabri Casanova ao órgano Hammond e teclados, Lucas de Mulder á guitarra e Antonio Pax Álvarez á batería. Todos coñecidos por ter pertencido a bandas como The Sweet Vandals, Speaklow ou Mighty Vamp entre moitas outras referencias.
Presentáronse en sociedade o pasado abril de 2019 co 7” "Easy Baby" b/w "Geriatric Dance" (Rocafort Records). Este single de adianto (xa esgotado) permitiulles xirar durante toda a segunda metade do ano, ofrecendo o seu directo por media xeografía española.
BEAT BRONCO ORGAN TRIO "Road Trip"
(Rocafort Records, 2020)
"Road Trip" está composto por 9 temas orixinais máis unha versión de "Hey Hey", o clásico blusero de Nova Orleáns de Dave Bartholomeu e único tema non instrumental do conxunto. O álbum comeza con “Easy Baby”, un medio tempo jazz funk espectacular que establece o tono do LP.
Sen pretender reinventar o xénero, 'Road Trip' ofrece a suficiente frescura e variedade para manterte apegado ao tocadiscos nos seus case 40 minutos de duración. Dende 'Crispy Time', que bebe directamente dos primeiros Meters, o acelerado funk do tema homónimo 'Beat Bronco' ata a máis jazz 'Eternal Question'.
O LP inclúe tamén varas colaboracións, como a espectacular sección de ventos no trallazo funk con toques swing 'Hard Play' ou a pegadiza flauta de Chip Wickham en 'Squirtly'.
En resumen, un bo exercicio de jazz funk co órgano Hammond como protagonista e que nos obliga a seguir a Beat Bronco de cerca para intentar cazalos en directo e na espera de futuras novas referencias.
Durante os últimos anos do Rif-Rock, unha das actividades que foi medrando edición tras edición, foi a programación especial que facíamos cada mes de marzo dende o 2015 ata o 2019.
Xuntabamos a algunhas das nosas mellores amigas para que se fixeran cargo da cabina do local durante todo o mes reunindo propostas ben variadas.
De certo que é unha das cousas que máis botamos en falta estar argallando nestas datas. Se queredes, podedes repasar todo o material seguindo a etiqueta.
Os Playa Desmayo presentaron onte o clip de 'Borracho por tu culpa'.
É o segundo adianto do EP "Atardicidio", editado por Ulomanía Coop., Sweet Grooves e Pafff... Bum Discos.
A realización corre a cargo de Enrique R. Novoa e Violeta V. Luna.
E lembrámosvos que esta mesma noite presentan o seu EP "Atardicidio" na Nave 1839 de A Coruña, xunto con Cuchillo de Fuego. Se o tedes a man non volo perdades! (info do concerto aquí).
Os míticos Samesugas están de volta, e desta vez facendo algo un tanto diferente ao que nos teñen acostumados, versións de rock'n'roll acompañados de Willy Succo Brother nas voces.
A gravación e mesturas corren a cargo de Mad Martin que tamén aporta a súa guitarra, e masterizado por Mike Mariconda.
O resultado é un 7'' de puro rock and roll, con dúas covers de clasicazos: 'Say Mama' de Johnny Meeks na cara A, e 'Something Else' de Eddie Cochran no reverso.
A semana pasada estreouse o video clip de 'Say Mama' na web do Ruta66.
Máis adiantos. The Dream Syndicate están a vivir unha segunda xuventude dende o seu retorno. A disco por ano e sempre cun excelente nivel.
A semana pasada presentaron o clip de 'The Regulator', unha peza incrible coa que presentan o seu novo álbum "The Universe Inside" que sae a comezos de abril con ANTI-Records.
É o tema que abre o álbum, e son 20 minutazos de rock, jazz, grooves... e déixanos cunhas ganas tolas de escoitar máis desta nova onda que están a seguir.
Imos con algo de literatura musical, que xa ía tocando.
Un dos mellores lanzamentos de finais do ano pasado é o das memorias de Richard Lloyd, mítico guitarrista dos Television e figura fundamental da escena neoiorquina de finais dos 70s entorno ao CBGB.
A súa edición orixinal "Everything Is Combustible: Television, CBGB's and Five Decades of Rock and Roll: The Memoirs of an Alchemical Guitarist" (Beech Hill, 2017) xa foi aclamada coma unha das máis brillantes crónicas deste tipo, divertida e delirante, tamén durísima por momentos, e sobre todo inspiradora.
Agora que nos fixemos con el imos a devoralo o antes posible.
Richard Lloyd vivió en carne propia una de las épocas más fértiles y convulsas de la historia del rock. A partir de una serie de recuerdos, traumas, experiencias al límite y pensamientos entre visionarios y delirantes a modo de intensos fogonazos, el mítico guitarrista y fundador del grupo Television da buena cuenta de la gestación de uno de los mejores discos de rock de todos los tiempos: el seminal Marquee Moon (1977), cuyo diálogo-batalla de guitarras con Tom Verlaine marcó un antes y un después en la historia de la música popular. En estas páginas arrebatadas, también se reviven momentos fundamentales de la escena musical de finales de los setenta, como el auge del mítico club neoyorquino CBGB —un antro cuya programación Lloyd animó personalmente y que dio lugar a los primeros conciertos de los Ramones, Blondie, Talking Heads o los propios Television— y encuentros inolvidables con Jimi Hendrix, Keith Moon, Buddy Guy, John Lee Hooker, Keith Richards o Led Zeppelin. Pero Material inflamable es mucho más que una autobiografía musical al uso. Lejos de limitarse a relatar la manida tríada de sexo, drogas y rock and roll, Lloyd también explica su temprana experiencia con la locura y sus durísimos internamientos en los manicomios norteamericanos de los años sesenta, su fascinación por la guitarra como medio de expresión y trascendencia, y un anhelo espiritual sobrecogedor que lo llevó a construir un pensamiento mágico con el que oponerse a lo convencional y anodino. Todo ello conforma unas memorias originalísimas, intensas, directas e hilarantes que evocan en un registro entre la oralidad y la urgencia una vida marcada a fuego por la música.
Penso que é a primeira vez que lle dedicamos unha entrada neste blog aos Pearl Jam, e é que hai xa moito tempo que pouco ou nada nos interesan. Nestes momentos están a facer a promoción do seu seguinte álbum, do que polo momento levan dous temas adiantados, que confirman que seguirán sen interesarnos o máis mínimo.
O que chamou a nosa atención foi o clip do tema 'Superblood Wolfmoon', unha peza de animación a cargo de Keith Ross, o artista detrás da conta Tiny Concert, que vos recomendamos, e na que reproduce fragmentos musicais debuxados a bolígrafo.