viernes, 31 de julio de 2020

Lamprea Explosiva "Gravacions 2014-2018"

Máis novidades dos Lamprea Explosiva.
Hai tempo que xa nos anunciaran o lanzamento deste "Gravacións 2014-2018", e dende esta semana xa o tedes dispoñible en cassette.
Trátase da compilación das súas gravacións completas nese período, 30 temas sen concesións nin pausa para respirar. 
A edición vai a cargo de Discos Peroquebien, e aínda que case toda a tirada estaba liquidada no período de reserva, seguro que aínda podedes facervos con algunha copia.
Senón xa sabedes, tirade do bandcamp, pero non é o mesmo.

LAMPREA EXPLOSIVA "Gravacións 2014-2018"
(Peroquebien, 2020)



jueves, 30 de julio de 2020

Lamprea Explosiva nas Sesións Excultura

A Asociación Cultural Excultura está a ofrecernos nas últimas semanas sesións ao vivo de bandas galegas en emprazamentos ao aire libre. 
O primeiro que subiron foi este concerto de Lamprea Explosiva na praia fluvial de Vilarello, en Valga. Como é habitual, unha intensa descarga de 15 temas en 13 minutos, para ver de tirón sen respirar.
A semana pasada foi o turno de Isla Canela, e hoxe mesmo subirán unha nova entrega. Seguídeos na rede: facebook / youtube.


martes, 28 de julio de 2020

Joy Division "Closer", edición 40 aniversario

Nestes meses estánse a cumprir 40 anos de moitas efemérides relacionadas con Joy Division, proba do efímero e intenso da súa carreira.
Seguramente os eventos pensados para conmemorar o 40 aniversario do lanzamento do seu álbum "Closer" eran moi diferentes aos que estan a celebrarse, sobre todo á vista de todo o organizado con "Unknown Pleasures", pero é o que hai. 
O lanzamento de "Closer" foi o punto final de Joy Division, lanzado dous meses despois do suicidio de Ian Curtis. O que seguíu xa é outra historia.
Moito temos escrito neste blog sobre este álbum, un imprescindible nas nosas vidas (ver entrada do 30 aniversario).
Aquí a edición especial do 40 aniversario.

JOY DIVISION "Closer"
(Factory Records, 1980 / Warner Music, 2020)



lunes, 27 de julio de 2020

Peter Green

Peter Green 
(1946 - 2020)
Fleetwood Mac / John Mayall & The Bluesbreakers / Peter Green Splinter Group



viernes, 24 de julio de 2020

Fuzz 'Returning'

Xa hai data para o novo álbum de Fuzz, o power trío de Ty Segall xunto con Charles Moothart e Chad Ubovich. Para esta ocasión contan coa produción de Steve Albini, e o álbum levará o título de "III". A saída está prevista para o 23 de outubro vía In the Red Records. Para o anuncio escolleron o tema 'Returning' como adianto, que será o que abra o álbum.


jueves, 23 de julio de 2020

The Homens "Verán sen fin"

Parece que The Homens vanlle collendo gusto a esto de ir voltando ás táboas pouco a pouco. O pasado fin de semana compartían un novo tema, estreado en Vinte
Trátase de 'Verán sen fin', novo material que chega once anos despois do seu último álbum. O clip está realizado por Sr Pause.
Agora a esperar por máis...
 

miércoles, 22 de julio de 2020

Kings of the Beach & Youcanthide

Moitas novas que nos chegan dos vigueses Kings of The Beach.
A comezos de xuño presentabannos 'Satellite', o primeiro single do seu esperado segundo álbum que sairá da man de Ciudad Oasis, e a semana pasada lanzaron o clip do mesmo tema.



Por outra banda, outro dos proxectos nos que están metidos é Youcanthide, no que unen forzas co vocalista Kaixo dos Banana Bahia. A comezos de semana lanzaron tamén o clip do tema 'Alone', un novo adianto do seu primeiro álbum que lanzarán en setembro. Que boa pinta ten todo isto.



martes, 21 de julio de 2020

Los Wavy Gravies "Rufus is back in town"

A comezos de maio saía o segundo álbum de Los Wavy Gravies. Unha vez que imos volvendo á normalidade xa temos unhas cantas copias do lp "Rufus is back in town", editado por Family Spree Recordings. A maioría xa están reservados, así que, si queredes algún avisade canto antes.

>> "Rufus is back in Town" no bandcamp de Family Spree Recs.


lunes, 20 de julio de 2020

Sun Ra Arkestra "Swirling"

Novo álbum da Sun Ra Arkestra anunciado para outubro.
Tralo pasamento do mítico Sun Ra no ano 93 o colectivo seguiu en activo baixo a dirección de Marshall Allen. Continuaron cos shows en directo, e sobre todo cunha coidada selección dos lanzamentos, con material inédito, directos e reedición dos seus incontables traballos discográficos e audiovisuais. Os lanzamentos de novas gravacións foron moi limitados, o último de hai 20 anos.
Agora anuncian este "Swirling" con saída para outubro. Trátase da reinterpretación de 13 temas escollidos por Allen da súa extensa discografía. Polo momento tedes dous temas de adianto no bandcamp, 'Seductive Fantasy' do 79, e 'Angels and demons at play' orixinal dos anos 50s. No álbum tamén se inclúen pezas coma 'Rocket nº 9', 'Unmask the Batman' ou 'Astro Black'.
Coma detalle, cabe destacar que foron as últimas gravacións de Danny Ray Thompson ao saxo, falecido no mes de marzo, e membro da banda dende finais dos anos 60s. 

>> "Swirling" na web de Strut Records.

SUN RA ARKESTRA "Swirling"
(Strut Records, 2020)



miércoles, 15 de julio de 2020

The King Kongs, no 2017

Outra de revival. Aquí tedes a un grupo de fans de Los King Kongs!!
Foi o 8 de xullo do 2017, no noso 18º aniversario.

Hai uns meses nos comentaban sorprendidos que Los Wavy Gravies xamais tocaron como tal no Rif-Rock. En realidade sempre estiveron ahí. Apareceron coa formación orixinal nos seus inicios pero sempre con outros nomes, trala disolución de Los Hijos Bastardos de Peter Lorre. Anos despois, mentres se configuraba a súa actual formación tamén estiveron en directo no local, pero sempre de forma provisional e con outros nomes, coma nesta ocasión Los King Kongs. Co paso dos anos xa foi algo decidido, nunca tocarían aquí con ese nome, era máis divertido facelo así. 

A foto de Dobrinka, que estes días recuperaba Bimba.


A Festa do Bigote, para 2021

Unha das cousas que tiñamos claras cando pechamos o Rif-Rock, e de acordo coa xente de CTK, era que a Festa do Bigote tiña que continuar.
Para este ano xa tiñamos bastantes cousas decididas, pero os condicionantes desta nova normalidade impiden que a poidamos celebrar como a todos nos gustaría, así que, coma outras cousas bastante máis importantes, teremos que deixalo para o 2021. Pero tranquilos, que xa queda menos...


martes, 14 de julio de 2020

The Rolling Stones 'Criss Cross'

Os Rolling Stones seguen promocionando o seu retorno.
Tralo lanzamento de Living In A Ghost Town a finais de abril como adianto do seu novo álbum, agora chega o turno de revisar vello material. Trátase do tema 'Criss Cross', gravado durante as sesións do "Goat's Heads Soup" de 1973, nos estudos Dynamic Sound de Kingston, Xamaica, a finais de 1972, e serve como anuncio da reedición do álbum con numerosos extras, nun box de 4LPs.


lunes, 13 de julio de 2020

Judy Dyble

Judith Aileen Dyble a.k.a. Judy Dyble
(1943 - 2020) 
Fairport Convention / Trader Horne / Giles, Giles and Fripp




viernes, 10 de julio de 2020

Liz Phair "Historias de Terror"

A semana pasada sai o libro "Historias de Terror", as memorias de Liz Phair. Unha artista que me tivo cautivado durante unha boa tempada da miña adolescencia, e da que logo perdín a pista por completo.
Vai a ser unha das miñas lecturas deste verán seguro...


Así o presentan na web da Editorial Contra:
Cuando Liz Phair irrumpió en la escena musical independiente a principios de los noventa con su controvertido doble álbum Exile in Guyville —su particular respuesta, tema a tema, al célebre Exile on Main St. de los Rolling Stones—, su sinceridad descarnada, sexualidad sin tapujos y talento como escritora de canciones lo convirtieron en un disco fundamental del rock alternativo y en manifiesto generacional. Siguiendo la estela de otros iconos del rock como Patti Smith o Kim Gordon, Phair compone una original autobiografía a partir de diecisiete momentos clave de su vida a modo de cuentos morales que transpiran miedo, dolor, rabia, humor, sentimiento de culpa o patetismo a partes iguales. Sin hacer concesiones y dejando de lado la habitual autocomplacencia de las estrellas del rock, Phair hurga en las cicatrices que ha dejado una vida consagrada a la creación para concluir que son las traiciones —padecidas o infligidas— las que nos conforman como seres humanos.


jueves, 9 de julio de 2020

King Gizzard and The Lizard Wizard: "RATTY", o making of do "Infest the Rat's Nest"

En agosto do ano pasado, os australianos King Gizzard and The Lizard Wizard publicaban o que ata o de agora é o seu último álbum de estudio, o "Infest the Rats' Nest" (Flightless, 2019). Tras anos endurecendo o seu son, este álbum chegaba ao trash e ao doom.
O álbum interésame pouco, pero hai varias semanas que lanzaron o documental RATTY. The Making of King Gizzard's "Infest the Rats' Nest", no que amosan o proceso de producion do disco e cómo as composicións foron crecendo en varias jam sessions en medio das viaxes da banda, case en xira continua. Unha peza audiovisual moito máis interesante que o propio álbum.


O documental foi dirixido realizado John Angus Stewart coa produción de PHC Films, e inicialmente foi lanzado baixo demanda na súa canle de vimeo. Os beneficios destináronse a organizacións benéficas de apoio ás comunidades aboríxes australianas.
Dende esta semana xa está dispoñible de balde na rede.



miércoles, 8 de julio de 2020

"Fun House" The Stooges

The Stooges publicaban o "Fun House" un 7 de xullo de 1970, era o seu segundo álbum, que non ten ningún dos seus grandes hits, pero é a súa obra mestra fundamental. Un imprescindible das nosas vidas que cumpre 50 anos. 

THE STOOGES "Fun House"
(Elektra, 1970)



martes, 7 de julio de 2020

The Muddy Beers, no 2013

Imos con algo de revival...
Sabedes que no mes de xullo sempre preparabamos unha pequena programación especial para celebrar o aniversario do local, así que esta tempada temos moitos concertos para lembrar.
Desta vez imos ao 6 de xullo do 2013, no programa do 14º Aniversario do Rif-Rock ahí se plantaron os Muddy Beers no seu único concerto. Un breve proxecto que serviu de ponte entre Los Hijos Bastardos de Peter Lorre e o que logo se foi configurando na formación de Dead Wood entre os múltiples proxectos dos irmáns Lorre e compañía. 
Sete anos atrás, foi unha das noites máis calorosas que lembramos das nosas vidas, e ben que sudaron estes catro fenómenos.
>> resumo do concerto aquí.