jueves, 3 de septiembre de 2015

Vintage Trouble "1 Hopeful Rd."

Fíxose agardar, pero por fin chegou o segundo lp dos Vintage Trouble, e editado nin máis nin menos que por Blue Note. Chámase "1 Hopeful Rd." e saiu a mediados do mes pasado. Son 12 temas de rhythm'n'blues, rock e soul, aínda que bastante descompensado desta vez con máis soul e blues de medios tempos. Pero con uns cantos pelotazos desos que non esqueceredes nunha tempada, como a inicial 'Run like the River', 'Strike your Like' xunto con Kamilah Marshall, ou 'Another Baby'. 
Para darlle moitas voltas con calma. 

VINTAGE TROUBLE "1 Hopeful Rd."
(Blue Note/Universal, 2015)



miércoles, 2 de septiembre de 2015

Outono Códax Festival 2015


Todo un clásico nas nosas axendas despois de cada verán. O Outono Festival, un ano máis co patrocinio de Martín Códax, o festival de música negra de referencia en Galicia. Nesta quinta edición con grandes coma Mike Sánchez e Naomi Shelton. 
Aquí tedes o programa de concertos completo. 
Apurade a merca-los abonos, que voan coma sempre!. Recomendado!.

Sala Capitol. Santiago de Compostela.
Sábado 19/9/2015
MIKE SÁNCHEZ & his band
DAVID HOOPER & the silverbacks
TRANSILVANIANS

Sábado 26/9/2015
THE VELVET CANDLES
TOMMY HUNT (The Flamingos) Invitado especial
THE GOSPEL SESSIONS (Michelle David | Onno Smit | Paul Willemsen)
SABELAKING & The Heartbreakers

Sábado 3/10/2015
NAOMI SHELTON & THE GOSPEL QUEENS
JUAN ZELADA BAND
THE SOUL JACKET



Toda a info na web OutonoRock:

Tres sábados consecutivos (19 e 26 de setembro, e 3 de outubro, na Sala Capitol de Santiago de Compostela) e, por primeira vez na súa curta pero intensa historia, unha cita fóra das fronteiras galegas (2 de outubro, na Sala Acapulco de Xixón) servirán ao Outono Códax, o festival galego de música negra, para conmemorar o seu V aniversario.

Unha celebración especial na que, se cadra, sexa a proposta máis variada ata a data do ciclo en canto a estilos: do soul máis clásico ao último neo-soul; do rhythm&blues máis frenético ao funk máis mestizo; do gospel máis purista ao groovy máis evolucionado; do rock´n roll máis desenfreado ao blues, o dub, o reggae ou o doo-woop (o de onte e o de hoxe).

Deste xeito, esta V edición do Outono Códax –impulsado desde a iniciativa privada por Raíña Productions e A Reixa, baixo o patrocinio de Martín Códax, e coa colaboración de Pousadas de Compostela, así como a de case un cento de establecementos hostaleiros e comerciais da capital galega– ofrecerá a posibilidade de asistir en Galicia (na maioría dos casos por primeira vez) a algúns dos directos máis notables do panorama internacional e estatal.

Así, o cartel deste ano inclúe a Mike Sánchez & His Band (un dos artistas de rhythm&blues e rock´n roll máis recoñecidos mundialmente); David Hooper &The Silverbacks (o norteamericano xa comparado con estrelas veteranas, emerxidas ao igual ca el na madurez, como Charles Bradley, Lee Fields ou Sharon Jones) e The Gospel Sessions vol. 1 (o último e gran espectáculo de Onno Smit e Paul Willemsen para o que contan coa maxistral voz de Michelle David).

Xunto a eles, estarán dúas das bandas máis consagradas da escena estatal: os cataláns The Velvet Candles (considerada unha das mellores formacións de doo-woop) e Juan Zelada Band (un dos máximos expoñentes do neo-soul, que se estrea no Outono Códax cun espectáculo preparado para o festival). A participación galega deste ano, compromiso irrenunciable do festival para coa música feita en Galicia, correrá nesta ocasión a cargo de tres das bandas máis destacadas da escena actual: The Soul Jacket, Transilvanians e Sabela King & The Heartbreakers.

Todas e todos eles secundarán nesta edición a dous grandes do xénero: Tommy Hunt, o mítico vocalista de The Flamingos e unha das lendas vivas da música contemporánea, que acudirá ao Outono Códax como artista convidado para repasar algúns dos grandes éxitos da súa carreira; e a enorme Naomi Shelton, hoxe por hoxe, unha das divas da música negra e peza clave do renacemento da música sureña estadounidense en Nova York. Para honra do festival, a última veterana estrela de Daptone Records, a principal factoría mundial de música negra, aterrará no Outono Códax, acompañada do seu excepcional coro, The Gospel Queens, e da súa incrible banda (entre a que se atopa Fred Thomas, o histórico baixo de James Brown).

A propia Naomi Shelton&The Gospel Queens e os galegos The Lákazans serán os protagonistas do primeiro “ExtraOutono” do festival, a primeira cita ata agora fóra de Galicia e que terá lugar en Xixón (Sala Acapulco) o próximo 2 de outubro.

Como sempre, actividades paralelas para todos os gustos (exposición fotográfica de Lawrence Impey, allnighters e as xa tradicionais sesións out nas rúas compostelás, que nesta ocasión veñen acompañadas ademais da “tapa do Outono”).



programación Setembro2015

Aquí tedes o programa completo para este mes de setembro: 

· Sábado 12: THE EVEN FLOW EXPERIENCE en directo (23:45h.)
                   +sesión KURCO SoundSystem
· Venres 18: Hendrix45
· Sábado 19: DEAD WOOD en directo (dende as 23:45h.)
· Venres 25: Fuck'U whiteys... Black Grooves!

E claro, tiña que aparecer Hendrix, si ou si.
Non vo-lo perdades!


martes, 1 de septiembre de 2015

25 set: Black Grooves!

Para rematar a programación do mes, volvemos coas entregas de música negra. 
O venres 25, Fuck'U Whiteys... Black Grooves!! 


19 set: DEAD WOOD en concerto!

Xa vos avisamos que a programación de setembro viña ben cargada, así que o sábado 19 teremos outra noite con música en directo. 
Volven DEAD WOOD!! O noso trío favorito, con novos temas, vellas historias, aventuras fantásticas de pantasmas, foraxidos e maldicións, e por suposto o show de cada día de Mr. BamBam. O mellor espectáculo en pequeno formato que poidades ver na actualidade. Non vo-los perdades!!


18 set: Hendrix45

Un ano máis, como cada setembro, a nosa sesión de homenaxe ó máis grandes de tódo-los tempos. O Venres 18, 45 anos sen Jimi Hendrix! 


12 set: THE EVEN FLOW EXPERIENCE en concerto + sesión Kurco SoundSystem

Con setembro retomamos a programación habitual do local, e arrancamos con gañas. Para inaugura-la tempada volvemos con música en directo, e por partida dobre, coas dúas bandas da casa.
De primeiro apuntade o sábado 12. Os protagonistas serán coma o ano pasado THE EVEN FLOW EXPERIENCE, marabilla de concerto para arrancar despois do verán, Karallada e Manolo en acústico man a man co seu repaso polos anos 90s. 
E despois do concerto, seguimos con sesión de Kurco SoundSystem na cabina ata o peche. Unha noite ben completa. Non vo-lo perdades!

*O cartel é unha desfeita sobre un dos míticos deseños que fixo Matt Goldman para os directos dos Jane's Addiction, e así xa imos dando pistas dunha pequena homenaxe polos 25 anos do "Ritual de lo Habitual".



lunes, 31 de agosto de 2015

Relatos Pulp de Ed Wood

Coa volta á normalidade no blog vai tocando recomendar libros e publicacións que fumos xuntando nos últimos meses, pero antes, unha novidade que se presentou esta mesma semana. 
Trátase dunha recopilación de relatos do director Ed Wood Jr. publicados en revistas de xénero pulp e girly na década de 1970 como pequena fonte de ingresos para seguir producindo películas. 
Despois da avalancha de exposición dos seus traballos dende mediados dos anos 90s pola súa nominación como peor director da historia, recuperando os seus filmes, e sacando a luz traballos inéditos (como a novela "Killer in Drag", recuperada en 1999), agora Caja Negra Editora traenos en castelán "La Sangre se esparce rápidamente". É unha colección de 32 relatos lixeiros compilados por Bob Blackburnque foi publicada orixinalmente a finais do ano pasado por OR Books ("Blood Splatters Quickly. The collected stories"), e entre os que se atopaban tódo-los xérenos do seu espectro, fantásticos, de terror, bélicos, western de aventuras e por suposto eróticos, que foi o que rematou facendo coa súa carreira. 
A ver quen o consegue primeiro!!

Ed Wood "La Sangre se esparce Rápidamente. Relatos Pulp"
(Caja Negra Editora, 2015)


Así o presentan na web de Caja Negra:

Cuando Ed Wood recibió la extravagante condecoración de “Peor director de cine de todos los tiempos” poco después de su muerte, la imagen que el público tenía de su obra empezó a cambiar. Cada vez con mayor frecuencia, los cines artísticos comenzaron a proyectar las pocas copias de sus films que se podían encontrar, y la cantidad de devotos de su obra aumentó de forma considerable. Con la película que Tim Burton y Johnny Depp le dedicaron en 1994, Ed Wood se transformó definitivamente en un director de culto y en una figura eminente del cine norteamericano de clase B. Pero mientras estuvo con vida, el acceso al nirvana de la fama estuvo poblado de decepciones que lo arrojaron a lo más bajo del sueño hollywoodense. Si bien son célebres sus fracasos de taquilla y los sucesivos rechazos de críticos y productores, lo que no todos saben es que Wood inició una carrera de escritor para pagar el alquiler y comprar el alcohol necesario para olvidar por un rato sus problemas.

Concebidos con desparpajo pulp y en estado de dudosa sobriedad, la mayoría de estos relatos fueron publicados originalmente entre las fotos de mujeres semidesnudas y en variadas situaciones sexuales softcore que poblaban las revistas eróticas de los Estados Unidos a principios de los setenta. Estas divertidas historias de vaqueras lesbianas, de travestis que presiden tribus indígenas enclavadas en lo más profundo de la selva, de matrimonios que acuden a rituales de nigromancia para superar disfunciones sexuales y de pilotos de guerra obsesionados con el whisky luego de descargar proyectiles sobre sus objetivos, despliegan el amplio catálogo de manías sexuales y excentricidades que transformaron a Ed Wood en un ícono de la cultura bizarra. Con estos textos, reunidos por primera vez en un volumen a más de cuarenta años de su publicación, los feligreses que fundaron la Iglesia de Ed Wood en 1996 podrán renovar los argumentos con los que el credo del woodismo promueve la salvación de la espiritualidad de la cultura pop.


máis asaltos á cabina...

O venres pasado sufrimos outro asalto espontáneo á nosa cabina. 
Arturo encargouse na útlima hora da noite da música no Rif-Rock, un clasicazo. 
Próximamente con data oficial...


domingo, 30 de agosto de 2015

Torneo 3x3 Esperanza Salnés. Falta unha semana!

Falta unha semana para o Torneo de Basket 3x3 Esperanza Salnés.
Para toda a info seguide a páxina de facebook 3x3 Esperanza Salnés.
Apuntádevos no formulario de inscripción online aquí.
Nos esperedes ata o último momento para inscribir os vosos equipos!!


viernes, 28 de agosto de 2015

Barrence Whitfield & The Savages "Under the Savage Sky"

Hoxe toca recomendarvos un álbum xa de cara a fin de semana.
A comezos de semana saía o novo traballo do mítico Barrence Whitfield con The Savages, para celebra-los seus 60 anos nun estado de forma envexable, como ven amosando dende o seu retorno como frontman no 2010. 
Este "Under the Savage Sky" é unha continuación da liña do anterior "Dig thy Savage Soul" do 2013, un álbum de blues enérxico, garage, r'n'b e toques de soul, pero xa menos que noutras ocasións. 
Levábamos meses agardando por el dende que comezou coa promoción e por fin o temos nas nosas máns. Case 40 minutos de pura enerxía, dende os pelotazos iniciais de 'I'm a full Grown Man', 'The Claw' ou 'Rock and Roll Baby', un par de guiños ós Sonics tras compartir xira con eles, e os pelos de punta para rematar con 'Full Moon in the Daylight Sky'. 
Outro discazo que nos deixa Mr.Whitfield para a colección. Fantástico!


BARRENCE WHITFIELD & THE SAVAGES "Under the Savage Sky"
(Bloodshot Records, 2015)




jueves, 27 de agosto de 2015

19 set: DEAD WOOD en directo!

Xa vos avisamos que setembro viña ben cargado, así que adiantámosvos outra data máis que deberiades ir reservando nas vosas axendas.
O Sábado 19 teremos en directo ós DEAD WOOD!! O noso trío favorito, con novos temas, vellas historias, aventuras fantásticas, o show de Mr. BamBam, e o mellor espectáculo que poidades ver na actualidade. Non vo-los perdades!!


12 set: The Even Flow Experience en directo!!

Xa temos lista toda a programación de setembro 2015 no Rif-Rock, a próxima semana vos ensinaremos toda-las datas, pero hoxe imos a adiantarvos dúas citas importantes que deberiades ir reservando...
De primeiro apuntade o sábado 12. Volve a música en directo despois do verán con THE EVEN FLOW EXPERIENCE, e despois do concerto, sesión de Kurco SoundSystem. Unha noite ben completa. Non vo-lo perdades!


*O cartel é unha desfeita sobre un dos míticos deseños que fixo Matt Goldman para os directos dos Jane's Addiction, e así xa imos dando pistas dunha pequena homenaxe polos 25 anos do "Ritual de lo Habitual".


WOS INC 2015

Hoxe mesmo, dende Work On Sunday, presentaron o cartel definitivo dunha nova edición do festival WOS INC 2015. Do 11 ó 13 de setembro en diversos espacios de Santiago de Compostela. 
Toda a info na súa web: wosinc.workonsunday.es


miércoles, 26 de agosto de 2015

Camarada Nimoy "Alucinacións Acústicas"

A comezos de xullo veu a luz o segundo álbum dos Camarada Nimoy, e con tanta historia na que estivemos metidos nin tempo tivemos de prestarlle atención ata agora, pero era desas cousas que tiñamos pendentes, e aquí vai directamente ás nosas recomendacións. 
"Alucinacións Acústicas" son 12 novos temas compostos pola banda, na súa liña habitual de surf, jazz e swing espacial, todo instrumental agás o tema 'A luz teme o silencio' con texto de Silvia Penas, e cantado pola propia escritora.
Podedes escoitalo completo no seu bandcamp, e ide apurando os vosos pedidos que voan (precioso vinilo laranxa), pero sobre todo non vos perdades á banda en directo, puro espectáculo!.

CAMARADA NIMOY "Alucinacións Acústicas"
(Camarada Nimoy autoed., 2015)



martes, 25 de agosto de 2015

Jane's Addiction "Ritual de lo Habitual"

Señores y Señoras, nosotros tenemos máis influensia en sus hijos, que tu tiene. Así arrancaba aquel inesquecible 'Stop!' que abría o "Ritual de lo Habitual" dos Jane's Addiction
A semana pasada cumpríanse 25 anos do lanzamento do álbum, o de maior éxito da súa carreira e un dos máis importantes do seu momento. Foi o seu terceiro álbum (segundo de estudio), e último da súa primeira etapa, antes das rupturas, cambios de formación, idas e voltas. Jane's Addiction foron dos maiores expoñentes da alternative nation que o propio Farrell acuñou, e impulsores do festival Lollapalooza. "Ritual de lo Habitual" foi unha auténtica explosión de ritmo que poñía un dos cumios a todo o movimento alternativo nos USA dos 80s xusto antes da chegada masiva do grunge. A súa mestura de funk, pop e metal foi imprescindible para moito do que chegou despois, e un retrato xeracional do momento, dende a entrega absoluta ó carpe diem máis edonista da primeira parte, na que nada é imposible, a unha segunda parte do álbum que xa remite a asuntos moito máis escuros. 
Non teño moi claro que este aniversario esté a recibi-la atención que merece pola súa relevancia no seu momento e a súa influencia posterior, pero a proba da súa importancia é que co paso de tantos anos, temas coma 'Stop!' ou 'Been Caught Stealing' son das que seguirán para sempre nas nosas cabezas.

JANE'S ADDICTION "Ritual de lo Habitual"
(Warner, 1990)



lunes, 24 de agosto de 2015

nova tempada RifRocKerZ en setembro


Xa está rematando o verán, e imos volvendo á normalidade pouco a pouco. 
Así que van sendo horas de comezar a preparar a nova tempada do Rif-Rock, programar máis actividades, as sesións cos habituais da nosa cabina, e aos que cada tempada se engade máis personal. Xa temos tamén pechadas as primeiras entregas de música en directo, e coma sempre caerán unhas cantas frikalladas, desas irrepetibles que se presentan de vez en cando... 
Todo e máis a partir de setembro!! atentos á programación. PARTIALLNITE!!!

domingo, 23 de agosto de 2015

Torneo 3x3 Esperanza Salnés. Faltan 2 semanas!

Faltan 15 días para o Torneo de Basket 3x3 Esperanza Salnés.
Para toda a info seguide a páxina de facebook 3x3 Esperanza Salnés.
Xa tedes dispoñible o formulario de inscripción online aquí.
Nos esperedes ata o último momento para inscribir os vosos equipos!!


viernes, 21 de agosto de 2015

Mujeres "Marathon"

E outro álbum para a fin de semana.
Por fin nos fixemos co novo álbum de Mujeres. Alá polo mes de abril xa vos recomendamos o seu 7'' "Aquello Ojos" con catro temas en castelán cando estiveron de xira por estas terras, logo chegou o single "Lose Control', e ata agora que non nos fixemos co álbum completo: "Marathon", que inclúe algún dos temas dos 7'' anteriores ('Vivir sin ti' do primeiro e a propia 'Lose Control' que abre o álbum), pero que recuperan a liña de garage lo-fi dos traballos anteriores. Podedes meterlle unha escoita completa no seu bandcamp, pero xa vos aviso que só co comezo con 'Lose Control', 'Feels Dead' e 'On & On', quedares enganchados para darlle moitas voltas a este Marathon. Discazo!!

MUJERES "Marathon"
(Canada/62TvRecs, 2015)



The Underground Youth "An Introduction"

Este semana tivemos un pouco abandoado o blog, que hai que descansar mentres preparamos a volta á programación para setembro, pero non iamos chegar ó fin de semana sen recomendarvos un par de álbumes.

De primeiro The Underground Youth. Durante este vrán nos preguntaron varias veces por esta banda mentres soaban nas nosas sesións, así que para comezar lixeiros vos recomendamos un dos seus eps de hai un par de anos: "An Introduction EP", que recollía 6 temas de traballos anteriores como lanzamento cara o exterior das illas británicas. The Underground Youth son unha banda de Manchester que levan lanzando traballos dende o 2009. Dende entón cinco lps e unha ducia de Eps e 7'', tedes unha boa mostra no seu bandcamp, pero ahí non están todos. Eu levo meses enganchado ó seu son, cun pe nos Brian Jonestown Massacre e outro en propostas máis abrasivas que nunca chegan a estoupar, pero sempre intensos e hedonistas, e unha estética moi The Smiths.
Mentres xa nos avisan da inminente saída do seu novo lp "Haunted", pero comezade por este EP e xa veredes como vos entrará a necesidade de estoitar máis...

THE UNDERGROUND YOUTH "An Introduction EP"
(Flower Power Recs., 2011)