miércoles, 6 de julio de 2011

descarga o concerto da RifRocKerZ BluesBand!!!

Hoxe inauguramos sección nova, polo momento é a modo de experimento, pero si gusta seguiremos con ela. Sabedes que grabamos case tódo-los concertos en video, como poidan saír, e logo os subimos a nosa canle de RifRocKerZ en youtube. Ben, xa sabedes da nosa teima por compartir o maior número de cousas que facemos e que as poidades descargar e facer con elas o que vos de gana, e como subilos videos e logo descargalos leva demasiado tempo nesta esquina do mundo, optamos desta vez por convertilo en audio para que tódo-los que queirades o poidades gardar para a vosa colección, en disco duro, pasalos a cd, o que queirades... Evidentemente non o poderemos facer con tódo-los concertos, pero sí con bastantes. O audio non sempre será moi decente, pero nalgúns coma este pode pasar.
Así que polo momento esto vai como proba, preséntovos o primeiro volume das Rif-Rock Live Series, por suposto co concerto da RifRocKerZ BluesBand do pasado sábado (2 de xullo do 2011) coa que celebrámo-lo 12º aniversario do local (podedes velo completo na nosa canle de youtube, en lista de reproducción, ou por partes neste blog: 1ª parte, 2ª parte e 3ª parte). Ós músicos aínda non lles pedín permiso, pero unha vez que xa están subidos os videos supoño que non haberá problema, ademáis tamén é unha sorpresa para eles. 

RifRocKerZ BluesBand "Live Rif-Rock 2 xullo 2011"
(Rif-Rock Live Series#1, 2011)


descarga o concerto da RifRocKerZ BluesBand!

E o dito, si gusta, seguiremos subindo en audio moitos dos concertos que temos gardados... Xa me contaredes que vos parece.


No hay comentarios: