E agora imos cunha das máis míticas e simbólicos bandas sonoras de tódo-los tempos. O filme Psych-Out é un dos cumios do cinema dos 60, en canto ó xénero contracultural de época, como retrato xeracional e como intento dunha nova linguaxe experimental. Dirixida por Richard Rush en 1968, contaba no seu reparto cun xovencísimo Jack Nicholson, Susan Strasberg e Dean Stockwell como trio principal. A historia é a de Jenny Davis, unha xorda fuxitiva da xustiza que vai a San Francisco, ó barrio de Haight-Ashbury na busca do seu irmán desaparecido, un activista hippie comprometido con toda clase de protesta vinculada á busca da paz a través de cristo... e atopa en primeiro lugar a SToney (Jack Nicholson) que é o guitarrista dunha banda psichodélica da cidade: Mumblin' Jim. Comezan a busca, e o resto xa tedes que averigualo vós. Só vos engado que aquí os lumbreras encargados dos títulos a traduciron por 'Pasaporte a la Locura'...
O filme e moito máis que aceptable, pero o que catapultou a esta cinta foi a sua sobresaínte banda sonora, na que participan The Seeds, Strawberry Alarm Clock, e os esquecidos Böenzee Cryque (unha das mellores bandas de hard-psych que pasaron totalmente inadvertidas co tempo), ademáis están as composicións de Ronald Stein, que son interpretadas aquí por The Storybook. Así atopamos grandes clásicos dos Strawberry Alarm Clock, como a inicial 'Inciense and Peppermints' que sen embargo, logo non foi incluída na edicion da BSO, e outros dos seus grandes temas como 'Rainy Day, Mushroom Pillow' ou 'The World's on Fire'. Tamén está o 'Two fingers pointing on you' de The Seeds, e o contundente 'Ashbury Wednesday' dos Böenzee Cryque. Un filme único deses que marcan época, e unha bso que todos quixeron emular...
"Psych-Out" BSO
(AIPC, 1968)
faite con Psych-Out! no blog Hippy-Djkit:
No hay comentarios:
Publicar un comentario