miércoles, 27 de julio de 2011

Ten Years After "Undead"

A fin de semana pasada comentábamos no local sobre os nosos álbumes de directo favoritos, sen ningunha dúbida este é o meu, "Undead" dos Ten Years After, dende que chegou ás miñas mans hai xa moitos anos nunca me canso de escoitalo. Supoño que moitos os coñecedes ou a maioría vos soarán non? ben, pois contextualizamos: co revival británico do rhythm'n'blues na segunda década dos 60, a efervescencia da era Mod foi derivando cara o Swinging London, rhythm'n'blues moito máis sofisticado e psychodélico, con Cream e The Jimi Hendrix Experience á cabeza, surxiron moitas bandas do xénero, entre elas Ten Years After chegaron a disputarlles o número un en ventas e popularidade, se ben as anteriores foron breves e se convertiron en eternas, TYA probaron demasiado a súa sorte e a súa fórmula terminou por esgotarse. A súa primeira etapa coa formación orixinal abarca os anos dende o 67 ó 74, período no que publicaron 12 álbumes tanto de estudio, coma directos, para eles non había diferencia algunha. Sobre todo foron os seus primeiros catro álbumes os que os convertiron nunha banda de primeiro nivel, "Ten Years After" de 1967, "Undead" e "Stonedhenge" de 1968, e "Ssssh" de 1969, que unidos á súa crecente fama en directo (os seus concertos nos festivais de Woodstock ou na illa de Wigh, ou o directo do Fillore East do 70 foron dos máis recoñecidos na súa época). Logo a fama de Alvin Lee como virtuoso guitarrista foi derivando TYA cara unha banda de lucimento do seu front-man e rematando nunha especie de orquesta que se versionaba a sí mesma. En 1974 se separaron para voltar en varias ocasións para xirar durante os 80, e na última ocasión ata a actualidade. Aquí vos deixo o álbum "Undead" o seu segundo álbum, grabado íntegramente en directo, de calidade incuestionable, e que por moitos motivos para mín é o mellor álbum en directo da historia... "Undead" recolle unha actuación de TYA no pequeno clube de jazz londinense Klook's Kleek en maio de 1968, na súa edición orixinal contiña 5 cortes, que na edición dixitalizada do 2002 creceu con 9 temas máis. 
Blues ácido que non podedes deixar pasar!!!

TEN YEARS AFTER "Undead"
(Decca Recs, 1968)


faite con el no blog Complete Album Download:
*na entrada podedes descarga-la edición orixinal de 1968 ripeada do lp, ou a edición en cd do 2002 ampliada.


No hay comentarios: