jueves, 28 de julio de 2011

Venres 29: LOS PIES MOJADOS en concerto

Venres 29 Xullo (despois da medianoite)
LOS PIES MOJADOS
A.K.A. Nestor R. Pardo & Los Hermanos Lorre
(membros dos ALLNIGHT WORKERS)


THE ALLNIGHT WORKERS é unha superbanda galega formada por membros dos Phantom Keys, Los Hijos Bastardos de Peter Lorre, Loveless Cousins e Trashtornados. Obsesionados polos vellos sonidos do R&B e o swing, os seus temas son primitivos e aínda máis coidados, como amosan o seu álbum de debut "This Only Happens Once" (Grabaciones de Impacto, 2010) que foi grabado co prestixioso Cherry Casino no seu estudio de Berlín Lightning Recorders e seguindo un proceso 100% analóxico para a edición de luxo en vinilo, que foi aclamado polo público e a prensa (locutores de Radio:3 de Rne como Diego R.J. son incondicionales) como un dos mellores álbumes e proposta en directo do que vai de ano (reseñas en El Sótano de Radio 3La Fonoteca e no Ruta66). Agora cun parón estival nos seus concertos despois de tanto festival, temos a oportunidade de desfrutar da metade da banda no Rif-Rock, transformados en LOS PIES MOJADOS con Nestor R. Pardo (ex.Loveless Cousins) e os Irmáns Lorre (Jorge e Martín López, ex-Hijos Bastardos de Peter Lorre) cun formato semi-acústico que non vos deberiades perder!. 


Venres 29 de Xullo despois da medianoite...

No hay comentarios: