Xa que últimamente anda bastante persoal revolto coas bandas sonoras, agora xa non orixinais, por iso deixei o asunto (eh???), imos poñer un par das miñas favoritas que caín na conta que nunca comentara no blog. A primeira é unha desas rara-avis que ademáis de acompañar a unha peli fenomenal, ten unha boa historia ó marxe. The Wicker Man de 1973 é un dos mellores filmes de terror dos anos 70, dun pequeno estudio británico (British Lion Fims) que se atreveu a competir con Hammer Films, incluso contando cun dos seus totems no reparto (Christopher Lee). Foi dirixida por Robert Hardy e co guión de Anthony Shaffer. Non vos contarei a pelí, pero sí vos esixo que a vexades, eu nunca me canso, auténtico paganismo a-go-gó!!! Cultos ancestrais, seducción e sacrificio, nunha pequena illa inglesa... e por suposto tamén vos recomendo que nunca, pero nunca vexade-lo insultante remake que no 2006 se atreveu a facer o patético Nicolas Cage.
A banda sonora de The Wicker Man foi composta e arranxada na súa totalidade polo compositor neoiorquino Paul Giovanni, moi pouco prolífico, de feito traballaba normalmente para outros e apenas hai un par de obras da súa firmam, pero esta The Wicker Man é de un nivel superior. De feito está considerada unha das mellores bso da historia. Giovanni fixo un excelente traballo recollendo cánticos tradicionais que se remontasen a épocas precristianas para face-los arranxos pertinentes, e engadille numerosas pezas de folk psychodélico, que na maior parte están cantadas polos propios actores, e interpretadas por Magnet, unha banda composta por seis músicos pertencentes a Hocket, e algunha promesa recén saida do Royal College of Music (entre eles Gary Carpenter, Peter Brewis e Ian Cutler)... O filme The Wicker Man tivo un enorme éxito, e as composicións de Giovanni foron aclamadas na época coma renovadoras da nova corrente de psychodelica folk británica que estaba a triunfar, pero sen embargo nunca se editou a bso, nada máis e nada menos que ata 1998, cando Trunk Records se fixo cos dereitos e publicou unha edición en mono, tal cual estaba tomada do filme, se separa-los efectos sonoros das composicións, e deixándose atrás unha das máis importantes pezas de Giovanni para o filme, 'Gently Johnny'. Uns anos despois, en 2002, Silva Records conseguiu a cintas orixinais de Carpenter da grabación, e conseguiu editar a bso xa en estéreo, limpa de efectos e xa incluíndo o 'Gently Johnny' perdido ata entón, e a censurada 'Willos's Song' (que dende youtube non deixan insertar, pero podedes vela aquí. Unha auténtica xoia que co paso dos anos segue gañando aínda moito máis peso.
Paul Giovanni & Magnet "The Wicker Man OST"
(1973, reed. Trunk/Silva 1998)
descárgao no blog Orexis of Death:
No hay comentarios:
Publicar un comentario