O ano pasado volveron The Hoodoo Gurus e aínda que só falamos deste álbum pola estupenda portada de Doug Bartlett xa era hora de protagoniza-lo noso álbum da semana. Seis anos despois do "Mach Schau" no que volvían con máis potencia ca nunca, os australianos retomaron no 2010 a súa habitual fórmula que os convirteu na mellor banda de power pop do planeta, con doses de garage e soul. Son 16 temas, que igual son demasiados, pero para unha destas bandas si tes temas montados... para qué esperar máis??? en España editado nas Solid Gold Series en tirada limitada en doble vinilo con 500 copias. Eu a semana pasada por fin me fixen cunha delas. 16 temas que igual son moitos, sí, pero entre elas auténticas xoias da súa marca como 'Crackin' Up' (que xa publicaron como single a finais do 2009) e os seguintes singles 'I Hope you're Happy' ou 'What's in it for me?', pero outras moitas coma o cañonazo habitual de 'Burnt Orange' ou 'Only in America', cara o final xa hai moitos medios tempos, pero xa que están tamén se poden escoitar...
HOODOO GURUS "Purity of Essence"
(Hoodoo Gurus Recs./ Sony / Solid Gold Series 2010)
faite con Purity of Essence no blog I Love Pop Music:
*no enlace de descarga Sharebee escollede a opción de Deposit Files.
No hay comentarios:
Publicar un comentario