Aínda que todo o mundo o cree, Bauhaus non foron a primeira banda de rock gótico da historia, pero bastoulles un só single para ensinarlle ós demáis como se facía. Bela Lugosi's Dead (Small Wonder, 1979) segue a ser moitas décadas despois o culmen insuperable de un estilo, pero o mito dos Bauhaus non se construíu só por unha canción. O seu primeiro lp "In the Flat Field" (4AD, 1980) asentou os parámetros dun estilo que xa nunca cambiarían, e levounos ó éxito, pero o seu inconformismo impediulles quedarse ahí. Hoxe en realidade quero comentar a súa mellor mascarada, o seu segundo álbum, "Mask" (4AD, 1981), seguramente a súa obra de maior calidade, donde a oscuridade non era o fin, senón unha vía máis de experimentación. De feito todo o rítmico —e o arrítmico—, domina o disco sobre a densidade, aínda que a suma de todo volva a se-la paranoia e o terror, agora incluso máis que nunca, polo modo desconcertante de artella-lo conxunto e cada tema en particular, incluso máis naqueles básicamente acústicos. Pero sen embargo podermos enunciar tres que van encadenadas: Kick in the Eye, In Fear of Fear e Muscle in Plastic como tres dos mellores temas da era do post-punk, pasando totalmente das etiquetas escuras, góticas e demáis bobadas, e seguramente teñen a rítmica máis copiada (plaxiada) da época. Puro baile, cabreado e desconcertante, perfecto para comezar este entroido.
BAUHAUS "Mask"
(4AD, 1981)
faite con Mask en The Marble Index.
No hay comentarios:
Publicar un comentario