Seguimos con mitómanos, pero é que no caso dos Cynics, a versión é unha das esencias do seu xénero, sen covers non habería revival, e sen el moitos destes temas sería moito máis complicado que alguén se molestara en recuperalos para que chegaran ata nós. 'Cry, Cry, Cry' dos Unrelated Segments, 'I'm in Pittsburgh and it's raining' dos Outcasts, o 'Gloria's Dream' dos Them post-Van Morrison, ou o 'You never had it better' dos Electric Prunes, e a monstruosa 'Last Time Around' dos The Del-Vetts, e así de memoria poderíamos seguir moito rato, pero a miña favorita é a versión que fan do tema 'ABBA' dos Paragons...
No hay comentarios:
Publicar un comentario