martes, 7 de febrero de 2012

"Galicia en Clips" de Fernando Rego e Pablo Portero

O pasado sábado presentouse no Laboratorio Audiovisual de Vedra (LAV12) o libro "Galicia en Clips" (Ed.Volta 2012) de Fernando Rego e Pablo Portero (ver nova en El País). Fernando F. Rego e ademáis o responsable da web La Fonoteca, e autor tamén do volume "50 anos de pop, rock e malditismo na música galega" (Toxosoutos, 2010), e nesta ocasión pretenden poñer en orde o traballo audiovisual das bandas galegas, coma un berce cara un posible i exhaustivo catálogo posterior dos video-clips galegos. Dende os clips de Reixa para Os Resentidos, ou os de Viuda Gómez e Hijos, ata os máis recentes de Javi Camino ou Rubén Dominguez para Franc3s ou Telephones Rouges.

Fernando REGO e Pablo PORTERO "Galicia en Clips"
(Volta e Volta Edicións, 2012)


E ahí vos deixo unhas cantas reseñas nas webs La Fonoteca, no blog de Pablo Portero ou na web de Volta e Volta:

Galicia en Clips é a terceira referencia editorial de Volta Editores, e a primeira deste segundo ano de vida da nosa plataforma, que como xa moitos e moitas sabedes, adícase a dous eidos que nos interesan: o editorial e audiovisual. O traballo, realizado por Fernando Fernández Rego e Pablo Portero, é o primeiro que se realiza en Galicia acerca deste tema no que os dous autores converxen: o videoclip na nosa terra.
Lonxe de estar a falar dun deses catálogos polas que moitas editoras apostan, Galicia en Clips non é precisamente un catálogo, senón máis ben unha viaxe polo noso audiovisual máis recente, facendo unha panorámica dende os anos oitenta ate os nosos días, e falando dos traballos dos Villaverde, Reixa, Javi Camino, e Rubén Domínguez, e doutros moitos que hoxe amosan a boa saúde non só do noso audiovisual, senón tamén da nosa música.

E ahí van dous clásicos...



No hay comentarios: