sábado, 25 de febrero de 2012

MC5 "Kick Out the Jams"

Este álbum xa o compartimos hai anos, pero despois da sesión de onte, hai que recuperalo por que dende logo acabou por soar completo na sesión Live! Cuts. "Kick Out the Jams" foi o debut dos xeniais MC5 en 1969, todo un atrevimento debutar cun álbum en vivo, co paso dos anos se vai gañando peso entre os mellores álbumes en directo da historia, se ben non o foi dende o principio por que os bultos-puretas da revista Rolling Stone nunca se destacaron por estar moi ó día... e tardaron moitos anos en apreciar o traballo de Wayne Kramer e Rob Tyner, demasiado nervio e pouco glamour supoño... pero ahí sigue estando este Kick out the jams, grabado a finais de outubro de 1968 na súa Detroit natal, e que inclúe covers de Sun Ra e John Lee Hocker (a incendiaria 'Motor City is Burning'), ademáis da enorme 'I want you right now', pero sobre todo polémico polo seu inicio, con 'Ramblin' Rose' seguido do comezo demoledor de 'Kick Out the Jams', con ese grito de guerra de Rob Tyner ...and right now it's time to... KICK OUT THE JAMS, MOTHERFUCKERS! Onte dende logo gañou por unanimidade.

MC5 "Kick out the Jams"
(Elektra, 1969)


faite con el no blog Los Postergados.

No hay comentarios: