Cada semana previa a unha Falsenite ahí estamos repasando unha e outra vez temas que imos apartando para a sesión, e por suposto cae algún álbum mítico de versións. Este 'Pajama Party' dos Poison Idea non ten nada doutra galaxia polo que vaia a aparecer nas enciclopedias, son algúns dos seus temas favoritos, a toda hostia e para diante, ó seu estilo e punto, era o que eles vendían. Pero en realidade este álbum, funciona como retrato dunha xeración, ou dunha parte dela que non tiña máis pretensións que o hardcore polo hardcore, a festa pola festa, e incordiar por incordiar... esquecédevos de doctrinas politicas nin ideais artísticos ou cálculos matemáticos máis propios do movimento, eran de Portland e o resto dáballes igual. Soaban demasiado a rock clásico para o hardcore de california, demasiado punk para o grunge da cercana Seattle e pouco intelectuais para o post-hardcore do resto do país, e nunca cambiaron. Formados en 1980 'Pajama Party' foi o seu disco de versións, que chegaba en 1992 xa cara o final da súa carreira (separáronse o ano seguinte, aínda que con dúas reunións posteriores) e ahí se divertiron versionando aos New York Dolls, The Who, MC5 e ata Little Richard e Elvis... sen dúbida o álbum de versións dunha xeración. Aínda que sí, ó final vos sorprenderá coas versións de Jimmy Cliff e Booker T. Jones.
Aviso: poñer a todo volume!!!!!!!
POISON IDEA "Pajama Party"
(Vinyl Solution/American Leather Recs, 1992)
faite con Pajama Party no blog Cosmozebra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario