viernes, 3 de febrero de 2012

New Order Vs Doctor Explosion

E esta é unha das mellores adaptacións dos últimos tempos, a versión que fixeron os asturianos Doctor Explosion do superhit de New Order 'Blue Monday', un tema fundamental para comprender a década de 1980, e a posterior música electrónica, e aínda a día de hoxe o maxi-single británico máis vendido da historia.
Aquí tedes o tema orixinal no single homénimo, publicado en marzo de 1983 por Factory Records, no video nun directo de abril do mesmo ano...


Noutras ocasións xa temos disertado sobre a dificultade de trasladar un tema de música electrónica ó formato dunha banda de rock, pero ahí estan Doctor Explosion para saírse sempre da norma, e que pareza así de sinxelo. O video é de tve do ano 2006, e non foi publicado ata o seu último álbum do pasado 2011 "Hablaban con Frases hechas".


No hay comentarios: