Grandes novas para os seguidores de CAN. O próximo 18 de xuño, Spoon e Mute Records publicarán unha caixa con material perdido dos xermanos: The Lost Tapes. Trátase dunha caixa con 3 cds que conterán temas inéditos atopados nos seus propios estudios de Weilerswist, cando todo o seu material foi trasladado tra-la súa donación ó Museo do Rock Alemán. Son temas comprendidos entre os anos 1968 e 1977, e seleccionados polos propios Irmin Schmidt and Daniel Miller, e maioritariamente se tratan de temas compostos para bandas sonoras que foron descartados, ou que directamente os proxectos foron cancelados, e completado con uns cantos temas en directo, así que xa vos podedes imaxinar que tirarán máis pola súa vea psicodélica que polo kraut puro e duro (co cal os menos fanáticos do motorik estarán encantados). Nas sesións participan Holger Czukay, Michael Karoli, Jaki Liebezeit, Irmin Schmidt, e inclúen tamén ós seus dous cantantes Malcom Mooney e Damo Suzuki.
Teremos que agardar mes e medio, namentras nos van ofrecendo algúns temas soltos, pero a min xa me tarda...
CAN "The Lost Tapes (Box Set)"
(Spoon/Mute Recs, 2012)
botádelle un vistazo na web de Mute.
Aquí tedes como avance 'Millionenspiel' e 'Deadly Doris':
No hay comentarios:
Publicar un comentario