viernes, 25 de mayo de 2012

The Seeds "The Seeds" 1966

Antes da sesión de mañan "PSYCH" (Comomepos Vs. Munstaphà), ademáis de recomendarvos temas e videos dos que estivemos falando nestas semanas, era case obrigado compartir con todos unha desas xoias do xénero, coma sempre... e repasando unhas cantas entradas caín na conta de que nunca vos deixara no blog ningún álbum dos Seeds, imperdoable, así que ahí vai...

Imperdoable por que The Seeds son unha das bandas imprescindibles no garage psych norteamericano, costa oeste, de Los Angeles, e un deses pilares do son característico do xénero, importante o lugar por que aquí chegou máis tarde toda a repercusión da british invasion. Directos, canallas, e igual que The Doors non tiñan baixo e incluían un teclado que cubría todas esas lineas de graves, e lle aportaba unha densidade única. O encargado era Daryl Hooper, peza fundamental do seu son, con él Jan Savage á guitarra e Rick Andridge á batería, e como frontman o mítico Sky Saxon, unha desas lendas negras da historia do rock, imbatible no consumo de drogas, destrozos hosteleiros, coleccionista de groupies, e finalmente entregado a unha secta relixiosa de dudosa inspiración... todo suma á hora de facer historia. 

The Seeds formáronse en 1965 e ata 1967 publicaron catro álbumes coa súa formación orixinal (logo chegaron recopilatorios de material inédito e desperdigado por 7'' e eps, e posteriormente chegaron varias reunións) cos que se convertiron en fanda fundamental, cun son característico, pura psychodelia cabreada (como me dixo unha vez un veterano) e fácilmente identificable, e aínda que normalmente se cita o seu segundo álbum "A Web of Sound" como a súa obra máis completa i elaborada, hoxe déixovos aquí o seu debut homónimo, moito máis directo e sinxelo, e que ademáis contén tres dos seus maiores éxitos: 'Can't seem to make you mine', 'Try to Understand' e sobre todo 'Pushin' too Hard'... isto é historia amigos!!!

THE SEEDS "The Seeds"
(GNP Crescendo, 1966)


facédevos con The Seeds no blog A Web of Sound.


No hay comentarios: