jueves, 10 de mayo de 2012

My Bloody Valentine "EPs 1988-1991"

My Bloody Valentine reeditan todo o seu material, tras neunirse hai anos para o directo, recuperan o seus dous álbumes de estudio "Isn't Anything" (1988) e "Loveless" (1991) que marcaron prácticamente todo o que veu despois, e os seus buscados eps. O primeiro en sair é este "EPs 1988-1991" que contén os temas de “You Made Me Realise” (1988), “Feed Me With Your Kiss” (1988), “Glider” (1990) y “Tremolo” (1991) e uns cantos temas inéditos máis, que non sabemos se pertencerían a ese álbum que Kevin Shields estivo máis de 10 anos asegurando de que estaba case listo... pero aquí nos presentan 24, nun álbum dobre. En calqueira caso, para os que xa os temos ripeados de calqueira xeito é unha oportunidade excelente para facernos cos temas nunha boa calidade, e para os despistados é a ocasión perfecta de facervos cunha colección de temas que fixeron historia, o noise e o shoegaze non se entenderían sen eles. E xa con gañas de que se poñan co volume dos eps entre 1985 e 1987, o da ameaza de que graben novo material xa non o tomo tan en serio...

MY BLOODY VALENTINE "EPs 1988-1991"
(Sony, 2012)


facédebos con EPs 88-91 en Indiecaciones.

No hay comentarios: