(nova tomada directamente do blog Artefacto Salnés)
O próximo día 4 de maio será a inauguración da exposición "DO ENCADRE AO CADRO", a cal pretende mostrar as relacións entre o cine e as artes plásticas, e que contará coao participación dos artistas do Salnés, seleccionados e traballos elaborados por algúns alumnos do noso centro. De momento, e como adianto deste evento aquí vos deixo un fragmento dun dos textos introductores, este da man do noso compañeiro Enrique Cardona. Estades todos invitados a este acto inaugural, que terá lugar na Sala de Exposicións do Pazo de Torrado en Cambados este Venres 4 de maio ás 20:00h.
"A incidencia da arte cinematográfica é innegable, puxo fin a un modelo secuenciado de produción artística (inicio ? desenvolvemento ? auxe ? decadencia... e volta a comezar con outro xeito de expresión) no que se non seguías unha liña concreta era difícil sair adiante e deu paso a unha produción artística “total” no que se pasa dun estilo a outro de forma tan veloz que pódese sentir o cambio incluso dentro da mesma obra. Artistas xeniais como Pablo Picasso non serían o mesmo se viviran nunha época anterior dentro dun esquema formal innóbil e prefixado, serían xenios igualmente, sí, seguro, pero...
(...) Grandes interpretacións de grandes actores dando vida a outros artistas achégannos sen esforzo a entender en gran medida a vida, obra e motivacións de personaxes básicos para a historia da arte: Coñecer a Vermeer a través de Scarlett Johanson en “A moza da perla”, a Frida Khalo a través de Salma Hayek en “Frida”, a Jackson Pollock a través de Ed Harris en “Pollock” ou a Vincent van Gogh a través de Kirk Douglas en “O tolo do cabelo vermello” non ten prezo. Estas obras aquí citadas pode que non sexan obras mestras pero logran atraer a maxia dos artistas dun xeito que, na maior parte das veces, sen formación axeitada non é doado conseguir. Con todo isto quero explicar que o cine ten moitos usos, do mero divertimento ata o estudio concienzudo e a maioría das veces faise ao tempo, se darnos conta.
Din que non é fácil entender a arte... eu creo que sí." (Enrique Cardona)
No hay comentarios:
Publicar un comentario