jueves, 10 de mayo de 2012

Unicornibot "Dalle!"

Estaba convencido de que xa vos recomendara neste blog o debut dos pontevedreses Unicornibot, pero acabo de comprobar que non... e agora xa toca o segundo. Dende hai un mes xa está dispoñible este "Dalle!" (Matapadre, 2012) de Unicornibot, en riguroso vinilo de edición limitada, noutro delirio de math rock instrumental, cecais máis equilibrado que o anterior, aínda que nos contan que o proceso foi moito máis breve. Están a ser a banda do momento neste rincón do mundo, así que non vo-los perdades si tedes ocasión de velos en directo, e facédevos co álbum, pero xa!!

UNICORNIBOT "Dalle!"
(Matapadre, 2012)


E de paso descárgate de balde o seu debut do 2010 "Hare Krishna".

No hay comentarios: