lunes, 28 de mayo de 2012

Dr.John "Locked Down"

Así a golpe de luns podo decirvos que este é un dos mellores discos que escoitei en moitos anos... A estas alturas non vos vou presentar ó Dr. John (Mac Rabennack) , unha das miñas figuras imprescindibles para comprender a evolución da música no último medio século, e ahí sigue deixándonos máis obras mestras. Nesta ocasión recurre a un mitómano, Dan Auerbach dos Black Keys, que ademáis de encargarse da producción tamén colabora en gran parte da gravación. Unha colaboración entre dúas xeracións, o presente e o mito, que se complementan á perfección. As composicións de Dr.John recordan ós seus mellores temas da ápoca dos rituais de vudú psychodélico do Night Tripper, e o traballo de Auerbach consigue resucitalos a un son e texturas totalmente actuais engadíndolle máis ritmo, velocidade e potencia como fuxida da parodia ou do revivalismo... "Locked Down" son dez temas nos que como sempre Rabennack recrea tóda-las vías da música negra en clave de New Orleans pasado polo seu especial filtro ritual, e desta vez o resultado é o mellor en moitos anos, ademáis dos textos cabreados de vello gruñón que chegan nun momento máis que oportuno. Dende os cortes de rhythm'n'blues ácido cargados de cánticos ceremoniais, a explosións de funk, pasando por momentos cabareteiros e un guiño a Captain Beefheart, para despedirse en clave de soul... fenomenal!! 

DR. JOHN "Locked Down"
(Nonesuch Recs, 2012)


faite con locked down en Laspikedelycmusic.



No hay comentarios: