Todos coñecedes o tema 'Liar, Liar' dos Castaways, pero seguramente nada sobre a banda. I é que realmente non hai nada que saber. Eran de Minessota i este é o seu único single, publicado en 1965, con enorme éxito que os catapultou por todo o pais, durante aquel ano, e ahí remata a historia, o que si tiveron tempo foi para aparecer nunhas cantas películas, entre elas esta escena de It's a Bikini World:
miércoles, 11 de mayo de 2011
The Imperialites "Have Love will Travel"
Seguimos con bandas efímeras e do inframundo. The Imperialites son unha desas bandas das que nada se sabe. Eran de California i en 1964 gravaron o que parece o seu único 7'' para Imperial Records, polo que debemos supoñer que nin tan sequera fosen unha banda senón un grupo de músicos de estudio da discográfica. Gravaron esta versión do 'Have Love with Travel' de Richard Berry antes que a versión universal dos Sonics. Puro groove!!!
Por suposto o video non ten nada que ver, coa fantástica escena de Barbara Bouchet (que fora Miss Moneypenny na peli apócrita Casino Royal de 007 en 1967) no filme Milano Calibro 9.
E aquí tedes o audio, que tamén podedes descargar aquí.
The Favourite Sons. 60's Club au Go-Gó
Cruzamos o charco para revisar novamente ós The Favourite Sons. Sobre eles tedes bastante información e o álbum con tódo-los seus temas nunha entrada de comezos de ano. Posiblemente a banda de freakbeat máis salvaxe da era mod!
The Troyes. 60's Club au Go-Gó.
The Troyes son unha desas bandas efímeras de garage psycho que nunca saíron dos circuítos locais. Orixinais dunha vila de Michigan, estiveron activos uns cantos meses entre 1966 e 1967, tempo no que tiveron tempo de publicar tres 7'', ademáis do tema 'Why?' que non atopo en internet, aquí tedes todo o que deixaron gravado. Auténtica cultura de clube...
lunes, 9 de mayo de 2011
"Afrobeat & Voodoo Rhythm" no Soul & Sombra
E xa vos podemos anunciar que entre a programación do Soul&Sombra de Santiago que están a desenrolar antes do verán tamén estará Munstapha, cunha sesión adicada á música africana "Afrobeat & Voodoo Rhythm", será a próxima semana, o mércores 18 de maio.
Consulta todo a programación do Soul&Sombra no seu facebook.
domingo, 8 de mayo de 2011
Liga de Bocazas... Xs 32 e 33.
Só queda a última xornada de Supermanager, con cousas pouco importantes que decidir, pero con moitos postos no aire cara a clasificación final... apuntade ben para a xornada 34, que será o domingo 15 (todo ás 20:00h.) e coa posibilidade de facer 4 cambios...
Xornada 32 - top 5:
1º
a ramallosa: 191,40
2º
Atutichurrasco: 178,20
3º
Smashing patakas: 175,40
4º
Mamados United: 174,00
5º
Katiuskas : 163,40
Xornada 33 - top 5:
1º
chejar e encher: 174,60
2º
Katiuskas: 168,60
3º
Atutichurrasco: 165,40
4º
esquivabalas team : 155,20
5º
Xuventude Tragove: 153,80
Xornada 32 - top 5:
1º
2º
3º
4º
5º
Xornada 33 - top 5:
1º
2º
3º
4º
5º
viernes, 6 de mayo de 2011
jueves, 5 de mayo de 2011
Puny Human "It's not the Heat, It's the Humanity"
Vaise achegando a fin de semana, así que imos a darlle un pouco de caña, un pouco máis do habitual. Este álbum de Puny Human é un deses discos esquecidos en nunha caixa debaixo dun armario que desembocaron nas sesións Da vinganza de Charles Bronson... supoño que o próximo dia vos explicarei a razón do nome, este non é o momento. Puny Human é unha banda de Detroit con mínima, ou totalmente nula, predicación nas españas, pero neste caso non houbo que facer mil piruetas para pedir o álbum directamente ós USA, lembro que o atopei na valixa interna da tenda de Paco, aínda sen catalogar... Xa vos podedes imaxinar que entrou directamente polos ollos, con esa portada... ¿esto que é? pon ahí a ver... nada que ver co que eu me esperaba, pero foi toda unha sorpresa, tra-la disolución dos Kyuss, as bandas de stoner saían por todas partes, pero aquelo era moi distinto, un toque sureño, eres riffs saturados pero limpos, co fuzz a reventar, e un aire de cachondeo que os fai moi distintos no seu xénero, ademáis de ir directos ó gran, tres ou catro minutos por tema e listo, nada de alucinar polo deserto a ver que vai saíndo... e unha extrana adaptación do tema 'The Ox' dos Who, que resulta ó peor do disco, o maximun r'n'b non é o deles. Este é o seu segundo álbum, tra-lo seu debut con "Revenge is Easy" no 2001 no que andaban un pouco perdidos entre Kuys, Black Sabbath, Alice in Chains e os lamentables efectos do metal, eo seu terceiro e último disco "Universal Freak Out" do 2007, que xa é máis rockeiro e moito máis irregular. Está claro que este é o seu traballo máis inspirado e centrado. Ahí vo-lo deixo insignificantes humanos!!!
PUNY HUMAN "It's not the Heat, It's the Humanity"
(Small Stone Recs, 2003)
faite con it's the humanity!!!
miércoles, 4 de mayo de 2011
Mission of Burma "The Horrible Truth about Burma"
E rematamos (de momento) cos Mission of Burma co seu directo máis significativo. "The Horrible Truth about Burma" todavía pertence a súa primeira época, foi publicado en 1985, coa banda xa disolta e recollía grabacións en directo da que foi a súa última xira en 1983, aquí se inclúen temas dos shows en Boston, New York, Chicago e Detroit. Na súa edición orixinal eran só 10 temas entre os que se incluían versións das dúas bandas que sempre os perseguiron: Pere Ubu ('Heart of Darkness') e os Stooges ('1970'). Na reedición requeteremasterizada do 2008 engadíronse 4 novos cortes, que é a que aquí vos deixo. Pure Burma!
Mission of Burma "The Horrible Truth about Burma"
(Ace of Hearts, 1985 - reed Matador 2008)
descargádeo no blog We Fucking Love Music:
martes, 3 de mayo de 2011
Mission of Burma "The Sound The Speed The Light"
E os Mission of Burma seguiron, 30 anos despois do seu debut, (con 20 de parón polo medio) lanzaron "The Sound The Speed The Light", así, sen comas nin nada. Unha nova lección para imitadores, pero aquí puxéronnolo máis difícil. Non ía ser outra obra mestra, senón rematarían por converterse na banda máis grande de tódo-los tempos, e iso non lles sentaría nada ben. Este álbum entra distinto. Non é que sexa máis elaborado que os anteriores, por que xa é moi dificil, pero si ten algo rebuscado que non lle atopas na primeira escoita. Comeza co single '1, 2, 3 partyy!' e segue coa hipnótica 'Possession' que te poñen en situación de estar escoitando algo moi grande, pero de aquí en diante na primeira escoita todo semella un deja-vu pouco interesante... ata que lle das novas oportunidades ás disonancias de 'SSL 83' ó enerxico 'One day we will live there' ou as disonancias de 'So Fuck it', e xa, con un par de escoitas máis rematan por ser máis Mission of Burma que nunca... e retomas aquela sensación do principio.
MISSION OF BURMA "The Sound The Speed The Light"
(Matador Recs, 2009)
descárgao no blog Un Color:
Mission of Burma "The Obliterati"
Tra-lo fabuloso "OnOffOn", os sorprendentes Mission of Burma do século XXI lanzáronse a por un novo traballo. No 2006 publicaron "The Obliterati", un álbum que seguía a romper tódo-los moldes. Ata o día de hoxe é o seu álbum máis popular, e senón é o máis redondo (que igual tamén) contén algúns dos seus mellores temas, como '1001 Pleasant Dreams' ou 'Nancy Reagan's Head'... o desta banda non ten sentido, e nos encanta...
Mission of Burma "ONoffON"
A comezos do s.XXI Mission of Burma eran un recordo do underground de outra época, unha desas xoias que moitos artistas levaban citando como fundamentais entre as súas influencias, e como moitas bandas míticas no retiro, decidiron volver. A excusa foi un concerto para homenaxear a Shellac, a banda de Steve Albini organizou un festival retomando o británico All Tomorrow's Parties para facelo en USA, e para elo convidaron a moitas das súas bandas favoritas. Alí estiveron Mission of Burma 20 anos despois do seu último disco (aínda que dende a súa separación en 1982 se publicaron e reeditaron numerosos directos eps e recopilatorios). E aquí é donde a historia deixa de ter sentido. Cando unha banda que leva 20 anos separada volve, é para facer caixa, un par de xiras, e publicar recopilatorios e directos e punto. Compracer ós fans e sobre todo tentar non face-lo ridículo. Sen embargo Miller e Conley aínda tiñan moito que dicir, e sorprenderon ó mundo cun álbum que superaba con moito todo o seu traballo anterior. E aínda máis, logo chegaría outro máis do mesmo calibre... O título de "ONoffON" resume á perfección a traxectoria de banda, e unha vez enchufados novamente, viñeron a renova-lo seu discurso. Demasiado tempo calados para estes homes...
MISSION OF BURMA "ONoffON"
(Matador Recs, 2004)
faite con el en Anthems from the Alleyways:
Mission of Burma "Vs."
Agora imos co primeiro álbum dos Mission of Burma. "Vs." é por riba de toda-las cousas un ensaio sobre a rítmica no punk. Un álbum non tan accesible coma o ep que o precedeu pero que marcou coma poucos outros a unha xeración completa, polo seu propio contido, e polas técnicas de grabación e mestura empregadas. Uns adiantados que desta vez si foron recoñecido. Tras xirar con este traballo decidiron abandonar para sempre (ou eso pensaban...)
MISSION OF BURMA "Vs."
(Ace of Hearts Recs, 1982)
Faite con el no blog L'Invitation au Suicide:
Mission of Burma "Singals, Calls and Marches EP"
Este é o debut dos Mission of Burma, seis temazos, furiosos coma nunca pero cun son moito máis limpo que todo o que veu despois. Incluía o famoso 'That's when I reach for my Revolver' que foi o tema que os lanzou á grabar o seu primeiro largo. Aquí vos deixo a reedición de 1997 feita por Rykodisc que tamén inclúe os dous temas do seu primeiro 7'' de 1980 'Academy Fight Song' e a súa cara b 'Max Ernst'. E por si o atopades tamén vos recomendo a última reedición sacada por Matador Records no 2008 con máis bonus e un dvd con concertos de 1979 e 1980.
MISSION OF BURMA "Singals, Calls and Marches EP"
(Ace of Heart Recs, 1981)
faite con el en The Dark Side of Music:
lunes, 2 de mayo de 2011
Mission of Burma "Singles 1979-1982"
Agora mesmo xa non lembro se temos falado moito no blog dos Mission of Burma, de seguro que aparecen en moitas sesións, pero creo que nunca lle adicáramos unha entrada ó seu propio material. Sempre foron unha banda dificil, cunha extrana historia. Herdeiros sonoros de Pere Ubu e dos Stooges, cambiaron dende o seu Boston natal o xeito de comprende-la música con tan só unha docena de temas publicados entre 1979 e 1982, incluídas no ep "Signals, Calls & Marches" de 1981 e o álbum "Vs." do 82, e no seu primeiro single de 1980 "Academy Fight Song". Poucas veces unha banda foi tan infuínte con tan pouco, logo pasaron máis de 20 anos para que se reuniran de novo, e sorprendentemente grabaron un álbum aínda mellor, pero a iso xa lle adicaremos máis entradas. Esta mini-recopilación é unha xoia que recolle cinco temas non incluídos naqueles seminais traballos entre o 79 e o 82, aínda que logo apareceron nalgunha reedición. Non a deixedes pasar...
MISSION OF BURMA "Singles 1979-1982"
(Ace of Hearts / Taang Records)
faite con el no blog Le Garage Abandonne:
Karlos Abal & Quique Gonazález
Nas próximas semanas estará na rúa un libro sobre Quique González, de Eduardo Izquierdo, para 66rpm Edicións. De entrada o que máis me interesa é a foto da cuberta, e algunha máis no interior do mestre Karlos Abal (para máis traballo seu deberiades pasearvos pola súa web, ou polo seu flickr). Máis adiante xa miraremos si lle hai que dar unha oportunidade...
2011 L'Extraordinaire Uchronie. Expo
Dende mañan xa se pode visita-la Exposición do 2011 L'EXTRAORDINAIRE UCHRONIE, sen dúbida o evento desta semana. Puro SteamPunk! Ó igual que o ano pasado os membros de Sentinel Wardrobe converteron Santiago na sede dunha parada das tropas imperiais da Guerra das Galaxias, este ano vai de retrofuturismo, xogando coa idea de cómo imaxinaría Jules Verne a Compostela do ano 2011. Os actos importantes terán lugar o vindeiro sábado 7, pero durante toda a semana poderemos visita-la súa exposición na Casa das Asociacións (na antiga estación de Cornes).
Aquí tedes un pequeno dossier con toda a info, e para tóda-las nova, máis información, programa de actividades e formas de participar na súa web: http://uchronie2011.com/
Suscribirse a:
Entradas (Atom)















