jueves, 5 de mayo de 2011

Puny Human "It's not the Heat, It's the Humanity"

Vaise achegando a fin de semana, así que imos a darlle un pouco de caña, un pouco máis do habitual. Este álbum de Puny Human é un deses discos esquecidos en nunha caixa debaixo dun armario que desembocaron nas sesións  Da vinganza de Charles Bronson... supoño que o próximo dia vos explicarei a razón do nome, este non é o momento. Puny Human é unha banda de Detroit con mínima, ou totalmente nula, predicación nas españas, pero neste caso non houbo que facer mil piruetas para pedir o álbum directamente ós USA, lembro que o atopei na valixa interna da tenda de Paco, aínda sen catalogar... Xa vos podedes imaxinar que entrou directamente polos ollos, con esa portada... ¿esto que é? pon ahí a ver... nada que ver co que eu me esperaba, pero foi toda unha sorpresa, tra-la disolución dos Kyuss, as bandas de stoner saían por todas partes, pero aquelo era moi distinto, un toque sureño, eres riffs saturados pero limpos, co fuzz a reventar, e un aire de cachondeo que os fai moi distintos no seu xénero, ademáis de ir directos ó gran, tres ou catro minutos por tema e listo, nada de alucinar polo deserto a ver que vai saíndo... e unha extrana adaptación do tema 'The Ox' dos Who, que resulta ó peor do disco, o maximun r'n'b non é o deles. Este é o seu segundo álbum, tra-lo seu debut con "Revenge is Easy" no 2001 no que andaban un pouco perdidos entre Kuys, Black Sabbath, Alice in Chains e os lamentables efectos do metal, eo seu terceiro e último disco "Universal Freak Out" do 2007, que xa é máis rockeiro e moito máis irregular. Está claro que este é o seu traballo máis inspirado e centrado. Ahí vo-lo deixo insignificantes humanos!!!

PUNY HUMAN "It's not the Heat, It's the Humanity"
(Small Stone Recs, 2003)


faite con it's the humanity!!!


No hay comentarios: