martes, 3 de mayo de 2011

Mission of Burma "The Sound The Speed The Light"

E os Mission of Burma seguiron, 30 anos despois do seu debut, (con 20 de parón polo medio) lanzaron "The Sound The Speed The Light", así, sen comas nin nada. Unha nova lección para imitadores, pero aquí puxéronnolo máis difícil. Non ía ser outra obra mestra, senón rematarían por converterse na banda máis grande de tódo-los tempos, e iso non lles sentaría nada ben. Este álbum entra distinto. Non é que sexa máis elaborado que os anteriores, por que xa é moi dificil, pero si ten algo rebuscado que non lle atopas na primeira escoita. Comeza co single '1, 2, 3 partyy!' e segue coa hipnótica 'Possession' que te poñen en situación de estar escoitando algo moi grande, pero de aquí en diante na primeira escoita todo semella un deja-vu pouco interesante... ata que lle das novas oportunidades ás disonancias de 'SSL 83' ó enerxico 'One day we will live there' ou as disonancias de 'So Fuck it', e xa, con un par de escoitas máis rematan por ser máis Mission of Burma que nunca... e retomas aquela sensación do principio.

MISSION OF BURMA "The Sound The Speed The Light"
(Matador Recs, 2009)


descárgao no blog Un Color:


No hay comentarios: