lunes, 2 de mayo de 2011

Mission of Burma "Singles 1979-1982"

Agora mesmo xa non lembro se temos falado moito no blog dos Mission of Burma, de seguro que aparecen en moitas sesións, pero creo que nunca lle adicáramos unha entrada ó seu propio material. Sempre foron unha banda dificil, cunha extrana historia. Herdeiros sonoros de Pere Ubu e dos Stooges, cambiaron dende o seu Boston natal o xeito de comprende-la música con tan só unha docena de temas publicados entre 1979 e 1982, incluídas no ep "Signals, Calls & Marches" de 1981 e o álbum "Vs." do 82, e no seu primeiro single de 1980 "Academy Fight Song". Poucas veces unha banda foi tan infuínte con tan pouco, logo pasaron máis de 20 anos para que se reuniran de novo, e sorprendentemente grabaron un álbum aínda mellor, pero a iso xa lle adicaremos máis entradas. Esta mini-recopilación é unha xoia que recolle cinco temas non incluídos naqueles seminais traballos entre o 79 e o 82, aínda que logo apareceron nalgunha reedición. Non a deixedes pasar...


MISSION OF BURMA "Singles 1979-1982"
(Ace of Hearts / Taang Records)


faite con el no blog Le Garage Abandonne:

No hay comentarios: