[Aquí vai outra entrada re-subida da semana pasada cando se caeu todo o servicio de blogger]
Esta é a crónica de Kurco sobre o Festival do Norte 2011.
directamente da súa nota en facebook
“Quién te lo iba a decir…” que despois de 10 anos que acabarías sendo unha das referencias nacionais no circuito festivaleiro. Un gran mérito, tendo en conta varios aspectos: a situación xeográfica que vai da man das inclemencias do tempo. Xa o di o nome: Festival do Norte. E no norte, por estas datas, nunca sabes como che vai vir. O ano pasado ben. Este ano mal e o que ven, xa se verá. O outro aspecto importante a ter en conta é que é un dos primeiros que se celebran. A vantaxe é que por ser o primeiro colles á xente con gañas de festa. A desvantaxe é que outros empecen a facer festivais nas mesmas datas. Coma o SOS de Murcia, que este ano restou xente que viña do interior. Pero é a lei da oferta e da demanda.
De tódolos xeitos, hai que decir que en liñas xerais a cousa saiu ben. En parte gracias á previsión da organización, que en 10 anos levas moitas ostias e dalgunha aprendes. Acerto ó poñer mega carpa para o escenario principal. Sacrificas aforo, pero sabes que os chaparróns non mollarán á xente (das piscinas de interior falaremos outro día). Acerto tamén habilitar parte do recinto interior de Fexdega para meter os postos de comida con sillas e mesas. Espero que este detalle se repita en sucesivas ocasións.
Con respecto ó cartel, notei divisións de opinións. Que hai moita xente de fóra. Que non coñezo a case ninguén, por fin se internacionaliza un pouco, mola ver grupos que tocaron en megafestivais no FdN… En fin, xa sabedes como vai isto, aínda que si é certo que este ano a aposta foi arriscada. Arriscada no sentido de que non se aseguraba un cheo ata a bandeira como en anos anteriores con grupos nacionais en pleno éxtase de popularidade ou con grupos consagrados na escena indie nacional. Este ano foi máis internacional. Grupos consolidados como !!!, lendas vivas coma Peter Hook ou The Vaselines e todo isto mesturado con grupos emerxentes da escea nacional comaTriángulo de Amor Bizarro, Delafé ou Nadadora.
A proposta do venres empezaba cedo co punk noise de Srasrsra, que apestaba a bizarrismo por canto sitio había, unha boa maneira de espabilar á xente que ía chegando. De seguido McEnroe e o seu pop lánguido que pouco pegaba co trallazo que soltaran anteriormente os coruñeses, aínda que servía de bo preámbulo para a chegada de Nadadora e a súa actuación bastante planetera. O que viña despois, máis que digno de mencionar musicalmente, é digno de mencionar pola resposta do público á actuación de Joe Crepúsculo e as gañas de festa do que se pasa por alí. Unha cabra pegando saltos polo escenario estaría moi ben de decorado e ninguén se extrañaría. Un tío que di que “Joy Division é unha chorrada” non merece (polo menos pola miña parte) maior atención.
No escenario grande a seguinte actuación tampouco será digna de mención, xa que o tontipop deEllos non engancha. En fin, ten que haber de todo. Menos mal que Chapel Club puxo un toque de distinción. Unha boa nova. Un gran descubrimento. Sons oitenteros sen cair en tópicos con toque guitarreiro. Sorpresa grata.
De seguido, Delafé y las Flores Azules intentaban encher o oco que deixaron os mencionados grupos en auxe. E abofé que estiveron á altura das expectativas. Que non sexan do meu agrado non quere decir que non vira a conexión entre o grupo e o público. Alguén tiña que facelo e tocoulle a eles. Á espera de ver a !!!, apareceron no escenario May 68, co seu pop electrónico. Non inventan nada, pero amenizaron o momento.
Cerrando o día, Nic Offer e os seus aparecen no escenario co seuelectro-punk-dance-funk-moveyoubodybaby para acabar de reventar pernas e o que faga falla. !!! (Chk Chk Chk) deron un recital de baile como nunca se vira no FdN, con Nic Offer como mestre de ceremonias, que non parou nin un intre de executar movementos insinuantes ó ritmo dos hits do grupo. Todo un luxo ter ós de NY aquí e que en 6 anos non cambiaron a súa proposta dance. Outro acerto.
Abrigo posto, calzado para a auga (que non sirveu de moito, a miña gorxa da fe) e un pouco de modorra pola que estaba caíndo. As previsións non fallaron e alí estaba a choiva. Moita, por certo, pero como comentaba antes, acerto da organización ó poner a megacarpa. Se a noite anterior foi un alivio para o fresco da noite, o sábado convertiuse no seguro de vida do FdN. Aínda que con lagoas (e nunca mellor dito), xa que a chuvia pasaba por debaixo das paredes da carpa creando un megacharco no medio do público. Como decía Isabel de TAB, había 2 continentes.
No escenario Novacaixagalicia, Mirrors aproveitaban a situación de choiva e cunha carpa chea ata a bandeira despregaron a súa proposta electrónica e audiovisual máis preto de Kraftwerk que do pop británico. Interesante grupo que por outra parte resultaba certamente empalagoso e repetitivo hacia os momentos finais.
As inclemencias non só afectaban a Vilagarcía, ó parecer o avión que traía a Sexy Sadie sufriu un retraso o cal fixo que os mallorquíns non tiveran o tempo necesario para celebrar a reunificación. Aínda así, actuación digna cunha mirada atrás para dar paso ó futuro, Triángulo de Amor Bizarro, afectados polo retraso dos anteriores acurtando a súa actuación co conseguinte cabreo de máis de un (e de unha, Isabel). Tempo suficiente para despregar o muro sónico que os caracteriza, aínda que cabe destacar que coa incorporación do novo guitarrista o seu son é máis limpo, cousa de agradecer tocando nunha carpa que non beneficiou ós guitarrazos de Rodrigo. Final anticipado cun atronador acople en modo de protesta. Xa o dixen cando tocaron a primeira vez no FdN, estes chavales apuntan alto.
Tras ver ó futuro nacional, tocaba cita ca historia. Por partida doble. Primeiro cos escoceses The Vaselines e despois con Peter Hook.
Os primeiros xiraban cun novo disco que repasaron e ademáis deleitaron ó público cos seus temas míticos. Non sei ó resto, pero para min foi unha satisfación grande ver que este tipo de grupos que influiron en infinidades de bandas. Outro luxo e outro acerto. E a xente agredece este tipo de detalles. Pero para detalles, a segunda cita da historia. Oín falar pestes da posta en escea de Peter Hook, que non era capaz de acabar os concertos, que non tiña sentido remover cousas do pasado, etc… Peter Hook, exbaixista de Joy Division e New Order está de xira interpretando o Unknown Pleasures. A verdade é que tiña os meus reparos en esta proposta. Non porque non o vexa factible, se non pola reacción dun público ante un disco dunha atmósfera oscura e non precisamente alegre. Isto non vai funcionar, pensaba eu. Pero para a miña sorpresa, a proposta era a interpretación do mencionado disco nunha clave máis guitarreira e dixerible. Recoñezo que esperaba que fose máis fiel á versión do disco, pero o enfoque que lle deron non me decepcionou (aínda que para gustos, sabores, xa que moitos levaron a decepción da noite). Como remate final, Isolation, a primitiva Warsaw e a archiconocida Love Will Tear Us Apart, que puxo en pé ó público pedindo outro bis. Nota negativa da actuación de Peter Hook: o baixo non é atrezzo. Entendo que son moitos anos, pero para tocar un par de acordes en Shadowplay é mellor que non fagas nada e te dediques a cantar, que para posar, xa había moita modernita co guapo subido pola carpa adiante.
E co subidón de Love Will Tear… London Guns rematerían a noite mesturando sons con percusións.
E así remata outro FdN, 10º aniversario, pasado por auga, con gratas sorpresas (coma sempre), con grupos que olvidar (coma sempre, por desgracia) pero cunha boa sensación de que este tinglado vai a máis co paso dos anos.
Vémonos para o ano?.
No hay comentarios:
Publicar un comentario