jueves, 26 de mayo de 2011

"Huey - Black Panthers" de Agnès Varda.

Este é un dos mellores documentais sobre os Black Panthers, polo seu realismo e a súa inmediatez. Tivo que ser unha francesa, a directora Agnès Varda (considerada pioneira do cine feminista e incluso avoa da nouvelle vague) quen se comprometera co movemento ante a falla de interés (a causa das posibles represalias) de outros profesionais en USA. Non é o primeiro documental sobre os Black Panthers, pero sí o máis célebre pola súa veracidade e inmediatez cos feitos: comeza xusto trala detención de Huey Newton, un dos fundadores do Black Panthers Party polo suposto asasinato dun policía, que era unha falsa acusación, o filme documenta toda a campaña de protestas reclamando a súa liberación e os enfrontamentos coa policia... Free Huey!


*Tedes o video completo e sen cortes en Ubu Web, donde por suposto tamén o podedes descargar directamente.


"Huey - Black Panthers"
1968: Agnès Varda (Fra USA/Black Panthers)
documental.



No hay comentarios: