En medio desta semana adicada á cultura de clubes dos 60, atopeime coa BSO de Candy, unha peli tan fantástica, coma descoñecida nesta esquina do mundo. Por iso, decidimos compartir a peli con todos, e adicarlle unha nova entrega de MONDO RifPOP.
Cartel orixinal de Candy en 1968. |
Candy, o filme de 1968, é unha superproducción saturada de LSD se mire por donde se mire. Un rotundo éxito comercial nos USA no seu momento, e a día de hoxe unha peza de culto de primeira orde... e sen embargo, nesta esquina europea pouco ou nada se sabe dela, nen distribución, nin a día de hoxe que eu saiba, nin reedición en dvd en españa, nin nada, e iso que é unha coproducción entre os USA, Francia e Italia, que conta cun reparto de estrelas nada habitual para un disparate deste calibre e que xa lle gustaría a moitas pelis serias... Ademáis da xoven protagonista Ewa Aulin, ahí estaban Charles Aznavour, o gran Marlon Brando nun papel nada habitual, Richard Burton, James Coburn, Walter Mathau, John Huston ou Ringo Starr. Todo un luxo, e aquí coma se nada.
A peli está dirixida por Christian Marquand, un actor francés (por certo fillo de español), que ademáis tivo a osadía de dirixir dúas películas. En realidade é un deses tipos inquietos que lle daba a todo, foi guionista, actor en máis de 60 filmes (traballando con Chabrol, con Coppola en Apocalypse Now, un secundario dos de toda a vida, vamos...) e ata se atreveu a dirixir dúas pelis, a primeira foi Poker de Sangre en 1963, e no 68 repetiu disparate pero con moito máis presuposto con esta Candy.
O filme está inspirado na novela do mesmo nome escrita polo xenial novelista beat Terry Southern en 1958 (que aquí firma co seu pseudónimo Maxwell Kenton) en colaboración con Mason Hoffenberg, que en realidade é unha renovación da novela de Voltaire "Cándido". Voltaire asímesmo asinara a obra como Monsieur le docteur Ralph e realmente nunca recoñeceu a súa autoría, pero non hai lugara dúbida que é unha sátira que realizou sobre a filosofía de Leibniz e a súa teima en cambiar o mundo...
Dende aquí pouco que ver con Voltaire, a novela Candy é un deses fenómenos descontrolados da literatura beat, no que se suceden un disparate tras doutro, dende o seu plantexamento inicial ata todo o desenrolo posterior. Tentando converter unha viaxe (outro deses trips alegóricos tan recurrentes na época) nun disparate de sexo, drogas e rock'n'roll. A novela busca a provocación ata resultar case pornográfica, no filme, evidentemente non era posible, pero tentaron que fose máis subida de tono que o habitual da súa época... a proba de que tampouco foi para tanto é que a día de hoxe os puritanos de youtube a toleran por completo.
Ewa Aulin & Ringo Starr. |
Pero vaiamos ó filme, pódovolo contar porque así vouvos aforrando algún susto e algún desaxuste dos de ter que volver atrás. Isto vai dunha aparente xove estudiante de instituto, Candy Cristian, interpretada pola xoven modelo sueca Ewa Aulin, que tras evita-la violación do seu poeta estrela que intervén no instituto coma se fose unha estrela do rock'n'roll, fuxe a casa e remata por deitarse cun dos xardineiros mexicanos que traballan na súa casa, nunha delirante escena mentres o poeta MacPhisto (que é Richard Burton) segue coa súa festa ó seu lado ata que chega toda a familia á casa. Ese seminarista mexicano metido a xardineiro é Ringo Starr na que é a súa primeira intervención no cine sen o acompañamento dos Beatles.
O pai de Candy decide enviala a un internado a NY, para o cal viaxará cos seus tíos, nunha auténtica trip-movie na que se atopará cos persoaxes máis extravagantes, e que por suposto sucumbirán ós seus encantos... cepíllase a todo o que se lle pon diante. Pero é que en realidade Candy é un ser extraterrestre, e por suposto insaciable. Seminaristas, militares, malabaristas deformes, depravados intelectuais, confusión entre xemelgos, estudantes inocentes, participará nunha peli porno no underground neoiorquino, e rematará por cepillarse a todo un templo budista para rematar nunha orxia de hippies na que o tempo de amosa circular e tódo-los personaxes volven á escena...
Marlon Brando como Gurú Grindl. |
Entre outras moitas cousas, este filme é impagable só por ver a dous grandes actores en papeis absolutamente lonxanos ós seus perfís habituais, coma o implacable James Coburn facendo de ciruxano maníaco, e a Marlon Brando coma o Gurú Grindl, non se sabe moi ben se hindú, ou budista, ou somentes un aproveitado con moita cara.
A súa viaxe consta de sete etapas, nas que logra fuxir do acoso do escritor borracho, dos mexicanos que perseguen á súa familia, da forzas aéreas (Walter Mathau é o xeneral), do terrible hospital e todo o seu persoal de chalados, e da súa familia... chega a NY i enrólase na gravación dunha peli porno que está a rodar nun restaurante italiano, todo se desmadra ata que chega a policía, logo Candy converterase na mascota-esclava dun xorobado ilusionista de circo, pero esa relación rematará cunha tolemia de festa de travestis, Candy fuxe e remata na luxosa carabana do Gurú Grindl, donde reproducen o Kamasutra enteiro e incluso lle engaden capítulos extra, mentres peregrinan cara o gran templo... e o final xa non vo-lo vou desvelar.
Candy e o Gurú Grindl comezando o ritual |
Candy é cine POP en esta puro, excesivamente lisérxica, pero tamén hai que saber o que un vai a contemplar. É unha auténtica sucesión de disparates, un homenaxe ó absurdo e unha sátira de todo tipo de vínculos emocionais, sexan familiares, amorosos ou espirituais. Todo o que Candy toca se convirte en sexo, se admira a un escritor, este abusa dela, no refuxio da súa familia tamén aparece ó sexo incestuoso, e na relixión máis do mesmo. O mundo enteiro quere follar con Candy, i ela o sabe, ata o punto de dubidar se Candy é certamente unha víctima ou non...
Polo demáis a peli cecais pasou máis a historia pola súa banda sonora. Esto sí que é unha auténtica xoia de máximo calibre. Está composta e dirixida por Dave Grusin, un dos grandes compositores de bandas sonoras da historia do cine (O Graduado, Tootsie, Os Faulosos Baker Boys, Havana ou Mulholland Falls) e de series de tv (El Agente de CIPOL ou Colombo), e ademáis interpretada por Steppenwolf e The Byrds. Todo un luxo, que vos deixarei na seguinte entrada.
Botádelle un ollo a esta obra producto do LSD, que seguro que moitos de vós non a coñecedes. Aquí a tedes, en versión orixinal en 12 cortes:
Candy.
Fra-Ita-USA 1968. dir: Christian Marquand
guión de Buck Henry sobre novela "Candy" de Terry Southern.
reparto: Ewa Aulin, Charles Aznavour, Marlon Brando, Richard Burton, James Coburn, Walter Mathau, John Huston, Ringo Starr...
Xa me contaredes que vos pareceu...
No hay comentarios:
Publicar un comentario