jueves, 19 de mayo de 2011

"Candy" a BSO de Dave Grusin.

Na entrada anterior xa quedou máis que presentado o filme "Candy" e tamén a súa banda sonora. As composicións e dirección do gran Dave Grusin, que nunca será suficientemente recoñecido a pesar de ter un Oscar e 12 Grammys, coa colaboración dos The Byrds e incluir temas de Steppenwolf. Ó marxe de tóda-las súas composicións e arranxos, Grusin marcou a comezos dos 60 unha forma de compoñer para bandas sonoras, xa arrastrado dos seus primeiros traballos, como en "Kaleidoscope" (1964) sobre todo nesta "Candy" aínda que non é o seu mellor traballo, sí que é o máis arriscado, o máis underground, e o que marcará non só a súa carreira, senón a todo un xénero a unha xeración. Con eses cambios imposibles nun mesmo corte con marchas militares, tonadas medievais, guitarras clásicas españolas, e e furioso garage psycodélico cargado de fuzz, para rematar cunha atmósfera de sitar e campaniñas. Poucos tiveron tan pouca vergoña na hora de compoñer deste xeito chegando a obviar o jazz como base creativa (alomenos tan aparentemente). Se deixamos a Morricone e Mancini ó marxe, fixémonos en dúas famosas peliculas do seguinte ano, Easy Rider e Psych-Out, e sobre todo nas súas bandas sonoras, moitos máis populares ca esta (compostas por Roger McGuinn e Ronald Stein respectivamente) pero que sen embargo son deudoras do traballo de Grusin para Candy, sobre todo no primeiro caso que é o máis chamativo: Roger McGuinn era o vocalista dos Byrds, e por suposto traballou codo con codo con Dave Grusin na gravación da bso de Candy, logo tentou facelo el só coa bso de Easy Rider... pero xa non vale a pena comentalo. Entre as obras máis aclamadas de Grusin figuran O Graduado, os Fabulosos Baker Boys, Havana,  a desternillante Un Cadaver a los Postres (Murder by Death), Os Goonies, A Tapadeira ou Mulholland Falls, e Un lugar llamado milagro (pola que levou o seu único Oscar en 1988) ademáis das series de tv Colombo ou o Axente da CIPOL (un día haberá que adicarlle un artigo a Napoleón Solo e Illya Kuryakin), pero todos estes traballos máis esquecidos coma o que hoxe nos ocupa foron reuperados para o gran público polo compositor e dj irlandés David Holmes, en moitas das súas bandas sonoras (como nas da saga de Ocean's Eleven) ou nos seus traballos de remezclas e recuperadas en versión orixinal nas diversas coleccións que produce. Pero aquí vos deixo co álbum orixinal que Dave Grusin compuxo para ese disparate que foi Candy. Pura liserxia!


DAVE GRUSIN (con The Byrds e Steppenwolf) "Candy OST"
(ABC Recs, 1968)




faite coa bso de Candy no blog Sharing Needles:
http://i-alone-sharingneedles.blogspot.com/2010/11/candy-1968-movie-soundtrack.html


*Aviso para os que pretendades ver a peli Candy completa, este video que inclúe os temas 'Ascension to Virginity' (o mellor do álbum) e 'Marlon and his sacred Bird' (que abre a bso, pero pecha a película) contén a escena final do filme. Supoño que a poderedes ver igual despois por que só con isto non vos enterades de nada, pero si acaso...



No hay comentarios: