Seguimos con bandas efímeras e do inframundo. The Imperialites son unha desas bandas das que nada se sabe. Eran de California i en 1964 gravaron o que parece o seu único 7'' para Imperial Records, polo que debemos supoñer que nin tan sequera fosen unha banda senón un grupo de músicos de estudio da discográfica. Gravaron esta versión do 'Have Love with Travel' de Richard Berry antes que a versión universal dos Sonics. Puro groove!!!
Por suposto o video non ten nada que ver, coa fantástica escena de Barbara Bouchet (que fora Miss Moneypenny na peli apócrita Casino Royal de 007 en 1967) no filme Milano Calibro 9.
No hay comentarios:
Publicar un comentario