A comezos do s.XXI Mission of Burma eran un recordo do underground de outra época, unha desas xoias que moitos artistas levaban citando como fundamentais entre as súas influencias, e como moitas bandas míticas no retiro, decidiron volver. A excusa foi un concerto para homenaxear a Shellac, a banda de Steve Albini organizou un festival retomando o británico All Tomorrow's Parties para facelo en USA, e para elo convidaron a moitas das súas bandas favoritas. Alí estiveron Mission of Burma 20 anos despois do seu último disco (aínda que dende a súa separación en 1982 se publicaron e reeditaron numerosos directos eps e recopilatorios). E aquí é donde a historia deixa de ter sentido. Cando unha banda que leva 20 anos separada volve, é para facer caixa, un par de xiras, e publicar recopilatorios e directos e punto. Compracer ós fans e sobre todo tentar non face-lo ridículo. Sen embargo Miller e Conley aínda tiñan moito que dicir, e sorprenderon ó mundo cun álbum que superaba con moito todo o seu traballo anterior. E aínda máis, logo chegaría outro máis do mesmo calibre... O título de "ONoffON" resume á perfección a traxectoria de banda, e unha vez enchufados novamente, viñeron a renova-lo seu discurso. Demasiado tempo calados para estes homes...
MISSION OF BURMA "ONoffON"
(Matador Recs, 2004)
faite con el en Anthems from the Alleyways:
No hay comentarios:
Publicar un comentario