Dende mañan xa se pode visita-la Exposición do 2011 L'EXTRAORDINAIRE UCHRONIE, sen dúbida o evento desta semana. Puro SteamPunk! Ó igual que o ano pasado os membros de Sentinel Wardrobe converteron Santiago na sede dunha parada das tropas imperiais da Guerra das Galaxias, este ano vai de retrofuturismo, xogando coa idea de cómo imaxinaría Jules Verne a Compostela do ano 2011. Os actos importantes terán lugar o vindeiro sábado 7, pero durante toda a semana poderemos visita-la súa exposición na Casa das Asociacións (na antiga estación de Cornes).
Aquí tedes un pequeno dossier con toda a info, e para tóda-las nova, máis información, programa de actividades e formas de participar na súa web: http://uchronie2011.com/
No hay comentarios:
Publicar un comentario