miércoles, 30 de diciembre de 2009

O mellor momento do RIF-ROCK en directo no 2009.

Coma en anos anteriores imos pedir a vosa colaboración:
Escolle o mellor momento en directo
do RIF-ROCK ó longo deste 2009
que remata, aquí tedes unha pequena selección dos mellores momentos a modo simbólico, creo que son 13 (e por qué tiñan que ser 10? pois non, 13!!!) aínda que nalgunha ocasión se escollen 2 do mesmo día...
A ver si vos atrevedes a escoller!!!
Pero tamén podedes votar por algún que non esté aquí recollido eh???
Veña!!! DEIXA OS TEUS COMENTARIOS E VOTA!!!
- 21 de Febreiro.
O concerto de LOS HIJOS BASTARDOS DE PETER LORRE presentando a súa nova maqueta:
- 7 de Marzo.
O tremendo show 'K7' con DjCHOEU e NEWRA pinchando a pelo con cassettes, e logo KOSALA MICOSA (ex-Casiopeo) nunha das súas tolas performances.
Aquí tedes a Newra e DjChoeu conseguindo o imposible...
e aquí a KOSALA MICOSA co seu novo hit "O Meu Odio".
- 16 de Abril.
Concerto de debut dos BETA TESTERS, isto foi en Santiago, non no Rif-Rock, pero como o prepararon polas tardes no Rif, tamén conta. 'Fortune Faded':
- 18 de Abril.
O regreso de ISI VAAMONDE a Cambados, presentando o seu novo ep "Unsportsmanlike World". Todo un luxo e un pracer para nós, aquí 'Personal Jesus':
- 25 de Abril.
Concerto en Sesión dobre, con dúas bandas do Karallada Sound Factory: The Even Flow Experience e The Undertown Project.
Aquí vai un clásico do Rif-Rock por THE EVEN FLOW EXPERIENCE facendo a The Cure.
E aquí a THE UNDERTOWN PROJECT facendo 'Would' de Alice in Chains:
- 4 de Xullo.
Comezamos a celebración do 10º Aniversario do Rif-Rock cun concerto de auténtico luxo, LOU REYES Y LOS ASTROS, que nos presentaron a súa versión de 'Miserlou':
- 17 de Xullo.
Para continuar co Aniversario AIRAS ofrencéronnos un fantástico concerto acústico, con espontáneos incluídos. Aquí facendo 'O Muro':
E o mesmo día, Tino o Fico colleu a guitarra para devolvernos 20 anos atrás e facer de novo 'Que difícil es ser Punky en mi Pueblo' de ONE TOXO:
- 12 de Setembro.
Por fín tíñamos o concerto aprazado dende Xullo que pechaba as actividades do 10º Aniversario. Aquí un momento irrepetrible, LOS HIJOS BASTARDOS DE PETER LORRE dándolle a alternativa ós coros a Dj JALEO (aka "Esa peñita", aka "movidillas brighton", aka "pipolita", e moitos etcs) que por suposto agradeceu a oportunidade. Tremendo 'Gorilla'...
- 18 de Decembro.
Coma tódo-los anos a RIFROCKERZ BLUESBAND con Paco Charlín á cabeza ofreceunos un novo concerto de nadal. Aquí vos deixo dous momentos, primeiro coa formación orixinal facendo algo así como 'Suck my Kiss':
e logo a RifRocKerZ BluesBand con Virxilio da Silva:
Desta vez é obrigado deixar comentarios.
PARTICIPADE!!!!

Sábado 2: MIA WALLAS + JOMITALLAS & RifRocKerZ.DjSet

Ó final a primeira sesión do 2010 terá ós
mesmos protagonistas que a deste ano que remata:
MIA WALLAS
directamente dende Warszawa e
JOMITALLAS
e as súas sesións intermitentes
como convidados dos
RifRocKerZ.DjSet
Sábado 2 de Xaneiro 2010.
para inaugura-lo itinerante
"U-los Marinochas Über Alles Tour!!!"


Non vo-lo perdades!!!

E visitade tamén Aves Cantamañanas,
a ver se algún día nos ofrece un dossier de garage polaco...

martes, 29 de diciembre de 2009

O Clásico da semana: The Who sings My Generation!!!

Estas semanas estamos pouco activos no blog, así que xa vos dariades conta de que a semana pasada non houbo un clásico recomendado, i esta tampouco haberá 'álbum da semana', así que o repartimos. Aquí tedes o último álbum que vos recomendo este ano.
Un clásico que non merece presentación...

THE WHO
"The Who sings My Generation"
(Decca, 1965)


descargádeo no blog Los Postergados:

lunes, 28 de diciembre de 2009

Sábado 2 de Xaneiro: MIA WALLAS & RifRocKerZ.DjSet

E xa temos data para a primeira sesión do 2010:
MIA WALLAS
directamente dende Warszawa
como estrela convidada dos
RifRocKerZ.DjSet
Sábado 2 de Xaneiro 2010.
para inaugura-lo itinerante
"U-los Marinochas Über Alles Tour!!!"


Non vo-lo perdades!!!

E visitade tamén Aves Cantamañanas,
a ver se algún día nos ofrece un dossier de garage polaco...

Afterhours: Caamaño Superstar

'Mi Gran Noche III - Caamaño Superstar'
Cojonudo para pechar o a semana de nadal, con Dj Jaleo, dende o xoves máis...

jueves, 24 de diciembre de 2009

Living Colour "Vivid" 1988.

E como non podía ser de outro xeito, hoxe toca o primeiro álbum dos Living Colour.
Sobran os comentarios, e senón leede a columna de LdN...

LIVING COLOUR
"Vivid"
(Epic, 1988)

[pica na portada!!!]

Descargádeo no blog Nexus:Reloaded:

Living Colour en Libro de Notas.

Hoxe na columna mensual 'De Ventrílocuos Impostores' de Libro de Notas (o día 24 de cada mes, e xa vedes que non se descanse nin por Noiteboa) unha pequena homenaxe a Living Colour, unha das mellores bandas de ponte entre finais dos 80 e comezos dos 90, i emblemas do crossover coa súa mestura de hardrock, free-jazz, punk, hardcore e soul. Únicos!!!



Esta semana han estado de gira por España Living Colour. Con su nuevo trabajo bajo el brazo (tras un primer intento de regreso a la actualidad en 2003) ha quedado claro que no tienen nada nuevo que decir en cuanto a su mensaje o su propuesta, pero si mucho que ofrecer y enseñar en lo técnico y además en lo humano, elemento realmente extraño en este circo de vanidades. [...] Y me explico. Living Colour son realmente extraños en todos los sentidos. Una banda de negros (perdón otra vez, de afroamericanos) haciendo rock duro es una anomalía histórica, no debería ser así, pero lo es, igual que Bad Brains abrieron la lata del hardcore. Que una banda de negros con estilo inclasificable toque asiduamente en el CBGB de New York (templo de punk estadounidense) también es extraño, que pase por allí Mick Jagger y decida producirlos, también. Y que todos sus trabajos en su etapa original fuesen éxitos de ventas millonarias más. Y que ahora, 20 años después, tras un concierto de dos horas y media se bajen del escenario para saludar durante 45 minutos a casi todos los asistentes de uno en uno… definitivamente no son normales, y por eso hoy se merecen unas cuantas lineas...



Visitade a diario Libro de Notas!!!

miércoles, 23 de diciembre de 2009

O álbum da Semana "Blue Black Hair" dos Del-Moroccos

Aquí tedes un dos álbumes máis impresionantes do pasado 2008. Unha desas extrañas xoias de revival que rematan sendo tan coidados que parecen máis auténticos que os orixinais. The Del-Moroccos son unha superbanda de Chicago de 8 membros (guitarra, baixo, batería, piano, saxo e 3 cantantes) que se adica a refacer clásicos dos anos 50 e 60 para convertilos en novas pezas para coleccionistas. Así "Skinny Minnie" se convirte en "Skinny Jimmy", pero por riba de todo destaca "El Tren de la Costa" así en castelán, a versión que fixeran os barceloneses Los Sirex do 'Train Keep-a-Rollin'' de Johnny Burnette vía The Yardbyrds... unha maravilla.

THE DEL-MOROCCOS
"Blue Black Hair"
(Hi-Style Records, 2008)


descargádeo no blog Comadreja69:

lunes, 21 de diciembre de 2009

RIFROCKERZ BLUESBAND!!!

E aquí tedes todo o concerto nunha lista de reproducción...
ala a disfrutala...

RIFROCKERZ BLUESBAND. algunhas fotos...

RIFROCKERZ BLUESBAND. Concerto (pt.1)

Aquí tedes o concerto completo da
RIFROCKERZ BLUESBAND
do Venres 18 de decembro...

RIFROCKERZ BLUESBAND. Concerto (pt.2)

RIFROCKERZ BLUESBAND. concerto (pt3)

RIFROCKERZ BLUESBAND. Concerto (pt.4)

E aquí tedes a última parte, coa incorporación de Virxilio da Silva...

Rif-Rock Afterhours! El Pájaro es la clave...

máis cachadas de kurco...
porque todo el mundo sabe que el pájaro es la clave!!!

sábado, 19 de diciembre de 2009

RifRocKerZ BluesBand. Gracias a todos!!!

Grandísimo o de onte.
Esta semana xa iremos subindo tódo-los videos.

2 anos de CambadosWeb.


2 anos de CambadosWeb

Noraboa e que sigades asi moito tempo,
e sobre todo gracias por falar sempre tan ben de nós!!!!


e aquí vos deixo a entrada coa que o anunciaba Oscar en CTK, que xa vo-lo presenta mellor ca min:

Cambadosweb cumpre dous anos.

Outra das webs que configura o espazo cambadés en internet está de aniversario.Cambadosweb.net vén de facer o seu segundo ano, moitos parabéns e a seguir publicando!

Nunha entrada especial sinalan entre outras cousas que a páxina sufrirá unhas pequenas modificacións para simplificar o seu emprego. É interesante navegar polas súas anotacións e ler novas referentes a Cambados desde outro punto de vista diferente, agardo que a web nos acompañe moito máis tempo, como así parece que vai ser. Felicidades.

Roubado de CTK.

jueves, 17 de diciembre de 2009

Mañan Venres RIFROCKERZ BLUESBAND en directo!!!

Lembrade que mañán VENRES 18 teremos en directo á fantástica, ecléctica, exclusiva e improvisada
RIFROCKERZ
BLUESBAND
VENRES 18 ás 23:30h.
con PACO CHARLÍN, Piti Drumz e Sito Suárez
acompañados de varios convidados nas súas improvisacións de rhythm'n'blues, funk e rockandroll...


NON FALTEDES!!!

O álbum da semana "Rockabilly Trash" de Bloodshot Billy

Aquí tedes a un dos mellores 'one-man-band' do momento, o que é o mesmo, que toca guitarra, bateria e canta ó mesmo tempo. Bloodshot Bill chega dende Montreal, e pertence a esa gloriosa escena de colectivo canadiano de orixe hindú xunto con BBQ ou King Khan e tódo-los seus fantásticos proxectos, ademáis ven de publicar un álbum co mesmísimo King Khan, nun extrano proxecto que leva por nome TANDOORI KNIGHTS.
Aquí tedes un dos seus traballos en solitario:

BLOODSHOT BILL
"Rockabilly Trash"
(Hog/Norton 2004)


descargádeo no Blog de Shock:

e aquí o tedes nunha das súas performances (adicado á sñrta Mia Wallas)

e aquí un pouco de Tandoori Knights:

miércoles, 16 de diciembre de 2009

martes, 15 de diciembre de 2009

Mondo RIFPOP: Judex.

Xa falamos nesta mesma sección de outros traballos do imprescindible LOUIS FEUILLADE (ver artigos sobre Fantômas e Les Vampires en Mondo RifPOP), e como vos anunciei na entrega da semana pasada, a próxima sería de JUDEX.

A pesar do éxito de tódo-los seus anteriores traballos, as obras de Feuillade recibían numerosas críticas porque presentaban ó crime como algo apaixoante e deixaban en ridículo ás forzas de orde, e as autoridades estaban a preocuparse polas posibles consecuencias sociais. Lembrade que estamos en 1915, en plena 1ªGM, e o goberno precisaba reforza-la unidade nacional e non cuestiona-la eficacia das forzas de seguridade.

Deste xeito Feuillade crea unha nova figura: JUDEX, que é unha creación do propio director e o seu colaborador Arthur Bernède, i é o primeiro superhéroe moderno do cinema, como contraposición ós anteriores protagonistas supervillanos.
Judex (Louis Feuillade, 1916)

Jacques de Tremeuse é fillo dun afamado banqueiro de Córcega (así se presenta a Judex coma un equivalente a Napoleón Bonaparte que recupera a maior gloria de país), que é traicionado polo seu socio Favraux e a súa amante (Marie Verdier), arruinado e remata por suicidarse. Dende entón Tremeuse se converte en Judex, que sen aclarar moi ben como, ten superpoderes, pode aparecer e desaparecer coma unha pantasma, igual que os anteriores protagonistas de Feuillade, Judex é un mestre do disfraz, ten poderes hipnóticos e domina tóda-las formas de loita coñecidas.

Ó contrario que en anteriores ocasións, Judex concéntrase en perseguir ó malvado Favraux é á súa amante, que se adican a sembra-lo caos no pais atacando á burguesía francesa, e a tódo-los crimanis que os rodean.
A serie foi rodada en 1916 e retransmitida íntegramente en 1917, e para ela contaba cos seus dous actores fetiches que tan resultado lle diran nas anteriores ocasións, Marcel Lévesque e Musidora (lembrade a Irma Vep) Judex é unha mestura de cine policíaco con surrealismo puro, cheo de pasaxes oníricos e un estilo transgresor composicións visuais innovadoras. Pero ademáis Feuillade non puido resisti-la tentación e ó longo da serie vai evolucionando ó personaxe hacia unha ambigüidade moral, que fai que o público se cuestione o papel como heroe de protagonista así coma os verdadeiros moitivos que o levan á súa guerra particular.
Os seus capítulos son: 1 Prologue + L’ombre mystérieuse. 2 L’expiation. 3 La meute fanatique. 4 Le secret de la tombe. 5 Le moulin tragique. 6 Le môme Réglisse. 7 La femme en noir. 8 Les souterrains de château rouge. 9 Lorsque l’enfant parut. 10 Le cœur de Jacqueline. 11 L’ondine. 12 Le pardon d’amour.

Dedibo ó éxito xa en 1917 comezou a preparar unha nova entrega, que foi rodada ese mesmo ano, i estrenada ó longo de 1918, A Nova Misión de Judex (La Nouvelle Mission de Judex), de igual éxito pero menor en comparación coas tramas e a técnica da primeira.
(1 Le mystère d’une nuit d’été. 2 L’adieu au bonheur. 3 L’ensorcelée. 4 La chambre aux embûches. 5 La forêt hantée. 6 Une lueur dans les ténèbres é. 7 La main morte. 8 Les captives. 9 Les papiers du Dr Howey. 10 Les deux destinées. 11 Le crime involontaire. 12 Châtiment / Les petites marionnettes)
Feuillade continuou rodando en formatos similares ata a súa morte en 1925, con grande rendimento entre o resultado e a limitación dos recursos, e inxeniosas tramas argumentais.

Podedes descarga-las 12 partes de JUDEX aquí:

http://www.tripilandia.es/foro/cortometrajes-y-seria-les-mudos/13411-judex-1916-s-erial-12-12-prologo.html

En 1934 veu a luz un remake baixo o mesmo título e o mesmo formato, dirixido por MauriceChampreaux, de relativo éxito pero sen nada que aportar, xa que se adica a refacer toda a obra de Feuillade plano por plano... Como é habitual, foi nos atrevidos anos 60 cando se fixo unha nova adaptación ó cinema...
Judex (1963, Georges Franju)
Nesta co-producción franco-italiana, Franju fai unha adaptación moi personal, na que da contunuidade ós seus anteriores traballo de corte onírico e inspiración abertamente surrealista, como ‘A Cabeza contra a perede’ (La tête contre les murs, 1958),Relato íntimo’ (Therese Desqueyroux, 1962, adaptación da obra de François Mauriac), pero sobre todo coa estética da súa obra máis popular ‘Os Ollos sen rostro’ (Les yeux sans visage, 1959) [Outro día falaremos deste filme].

Nesta versión, o rico banqueiro sen escrúpulos Favreaux comeza recibindo notas amenazadoras firmadas por un tal Judex, despois de tentar matar a un pobre co seu coche. Judex e os seus colaboradores secuestran a Favreaux e o condenan a unha reclusión perpetua por tóda-las súas fechorías. O séquito criminal de Favreaux tentará liberalo, mentres a banda de Judex o impedirá.

Destaca nesta película a extraña secuencia do iniico, coa festa de disfraces na casa de Favreaux, na que os protagonistas aínda non identificados aparecen enmascarados con grandes cabezas de paxaros.
A adaptación de Franju é bastante inxénua no plantexamento, e pouco desenrolada na súa trama comparada coa orixinal, coa que resulta bastante superficial na comparación, pero ten unha enorme potencia visual.

O personaxe de Judex aparece como secundario en outras moitas novelas de ficción e superhéroes, pero sempre con características moi distorsionadas do orixinal...