miércoles, 30 de junio de 2010

"Spoonful" Howlin' Wolf Vs...

"Spoonful" é un dos mellores temas de blues de tódo-los tempos.
O tema orixinal é do enorme HOWLIN' WOLF, enorme polo seu talento, e polo seu corpo, q era un gordo de 2 metros e 140 kg de peso. Seguramente a figura máis destacada do blues de Chicago, e un dos principais referente para tóda-las bandas británicas de thythm'n'blues q logo protagonizaron a British Invasion. 'Spoonful' é un tema orixinal de 1960, editado no seu momento como single, e logo aparecido no xigantesco álbum "Rockin' Chair Album" de 1962:

Case de inmediato o tema cruzou o Atlántico e foi popularizada por dúas bandas fundamentais. En UK, os recen formados CREAM, con Jack Bruce, Eric Clapton e Ginger Baker, inclúen unha versión de 'Spoonful' no seu ´labum de debut "Fresh Cream" de 1966:

No mesmo ano tamén debutaban no outro lada do Canal da Mancha, nos Paises Baixos, a banda Q65, unha das principais referencias do Nederbeat. No seu primeiro álbum ("Revolution" de 1966) tamén incluíron un cover de 'Spoonful' sen dúbida o máis suxo e trash da historia:

En 1970, o tema volve a Chicago, donde unha figura como WILLIE DIXON o inclúe no seu "I am the Blues" co seu incansable contrabaixo...

martes, 29 de junio de 2010

Ty Segall



o álbum da semana "Melted" de Ty Segall

Aquí tedes ó novo mesías do lo-fi, do garage do sXXI e parece q de todo o que se propoña!!! Na súa 4ª entrega (creo, aínda q igual se me quedou algún atrás) conseguíu definitivamente q todos remataran por tomalo en serio. Agora a ver quen o para. Igual que o "Lemons" do 2009... escoitádeo de tirón!!!
TY SEGALL
"Melted"
(Goner Recs, 2010)

descargádeo en Indiecaciones:

lunes, 28 de junio de 2010

Esta Semana cumprimos 11 anos...

E lembrade que esta semana cumprimos 11 anos, e o sábado teremos unha gran sesión dobre en directo para celebralo, con 
LOS HIJOS BASTARDOS 
DE PETER LORRE
e uns teloneiros sorpresa...
BILLY & THE CROCKETS.

Undertown

Aquí tedes uns cantos vídeos do concerto de Undertown do mes pasado no Con do Moucho...

viernes, 25 de junio de 2010

Xa está o Despregable#23!!!

Fíxose o remolón, pero xa está aquí...
O Despregable nº23, para devoralo neste verán.


Con entrevistas a Luis Rei, autor da exhaustiva biografía de Ramón Cabanillas. Achegámonos ó estudio de deseño Nadadora, entrevistamos a Los Justicieros, (garage surf'n'roll from the Death Coast!!!), e a Melissa Atkinson. Introducímosvos á Bienal de Pontevedra e os seus Utrópicos, atoparedes a crónica completa dos nosos reporteiros no Festival do Norte, facemos un pequeno homenaxe ó gran actor Andres Pazos co que tiñamos unha entrevista pendente, e repasamos o universo da banda Mudhoney. Ademáis moitas das nosas seccións habituais, as Revelacións fotográficas, o boletín do SPJ, a Cara B, os comics de Newra e o GZ Canibal... e todo envolto no deseño de Joana Machado, do Estudio CÖLONIA de Porto.

E para os que vos fagades socios (lembrade 20€ anuais) levades o cd dobre do 8º Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra...


un paquete completo...

jueves, 24 de junio de 2010

The Almighty Defenders!!!

E aquí tedes o penúltimo proxecto de Mark Sultan (xq sempre está montando outra), unha auténtica barbaridade na que participan, por completo THE BLACK LIPS, KING KHAN e MARK SULTAN... esto non precisa de máis presentacións, o delirio puro!!!!!!!
THE ALMIGHTY DEFENDERS
"The Almighty Defenders"
(Vice Recs, 2010)

descargádeo no blog De Guateque:


MARK SULTAN en Libro de Notas!!!

Hoxe, na nova entrega da columna mensual De Venrílocuos Impostores en Libro de Notas facemos un repaso á excitante carreira do sr Mark Sultan e do moitos dos seus proxectos, dende o seu Montreal natal dando a volta o mundo enteiro con exilio berlinés incluído. Dende o punk dos The Spaceshits, o rhythm'n'blues salvaxe de Les Sexareenos, a súa conversión en home orquestra como BBQ, o reencontro con King Khan, a volta a normalidade como Mark Sultan, e os seus últimos delirios con The Ding-Dongs e The Almighty Defenders. Un deses xenios incombustibles que tanto nos gusta. Todo, ou gran parte do universo de Mark Sultan o atoparedes hoxe en LdN:





Para comenzar el veranito, nada de ritmos refrescantes, si melodías cristalinas, ni... Hoy bajamos a las catacumbas del rock canadiense (por decir algo) con el que quizás sea su mayor exponente actual, Mark Sultan, un personaje tan inquieto y extravagante como interesante y desconocido para las masas. Siempre situado en el inframundo del sonido y rodeado de bastante gente indeseable. [...] el resto de la última formación de los Spaceshits formaron el que quizás fue el mejor de todos los proyectos en los que han intervenido, y también la banda recordada con más cariño por el público: Les Sexareenos. Mark Sultan continúa a las voces, compartidas con el resto de sus compañeros, pero esta vez regresando a la batería, incorporan farfisa, y ocasionalmente metales. Con esta formación que se ajustaba más a los parámetros de las bandas de garage, incorporaron la rítmica del viejo rhythm’n’blues con toda su crudeza, los juegos melódicos del soul y el funk, y mantuvieron aquel sonido chatarrero que les había hecho inconfundibles. Tanto en sus desternillantes letras, la rítmica y melódica de sus propias composiciones y la sistemática destrucción de clásicos del rock de los 60, les convirtió en una banda con una transcendencia que ellos mismos nunca llegaron a comprender...
E lembrade visitar a diario Libro de Notas!!! 

miércoles, 23 de junio de 2010

Entrevista con Mark Sultan

Nesta entrada os retales... non esquezades a entrada da semana pasada na que xa vos presentei o novo proxecto de Mark Sultan con Bloodshot Bill, THE DING-DONGS. Tedes o álbum na entrada do pasado venres.
E aquí vos deixo unha entrevista estupenda con Mark Sultan, dunha canle local de radio universitaria de Quebec. O noso protagonista comeza no minuto 9', e ahí nos presenta o seu novo álbum "$", publicado o mes pasado, e os seus novos proxectos!!!
Veña practicade un pouco de gabacho do outro lado do charco!!!



E para mañan a traca final!!! 
O artigo en Libro de Notas, e o super grupo definitivo de Mark Sultan!!!
non vo-lo perdades!!!

Mark Sultan "Sultanic Verses"

No 2007, cecais canso de tanto experimento, decideu grabar baixo o seu propio nome, Mark Sultan, e desta vez voltar ó formato banda reuníndose de moitos dos seus amigos. O Resultado foi o fantástico "Sultanic Verses", do que eu destacaría o temazo 'Je ne Savais Pas', do máis pop da súa carreira pero con toda esa carga de chatarra que é marca da casa. No 2009 publicou un novo single baixo a etiqueta Mark Sultan "I am the End" que foi a presentación do novo álbum chegou o mes pasado: "$". Facédevos con el.
MARK SULTAN
"Sultanic Verses"
(In the Red, 2007)

*No mesmo enlace tedes o single previo ó álbum, "Hold On"

The King Khan & BBQ Show.

Unha volta de torca máis. Un King Khan travestido únese ó home orquesta BBQ para delirio da rapazada... Neste formato publicaron ata agora tres álbumes. Oficialmente están disoltos tra-los problemas da xira e o decepcionante último álbum "Invisible Girl", pero con esta xente nunca se sabe...
THE KING KHAN & BBQ SHOW
"What's for Dinner?"
(In the Red, 2006)
descargádeo en Musical Booty:

Mark Sultan a.k.a. BBQ

Coa disolución de Les Sexareenos, Mark Sultan decideu convertirse en one-man-band, ou o que é o mesmo en home orquesta, baixo o seudónimo de BBQ, voces, guitarra e pedais de percusión. Como solista publicou 3 álbumes. Pero o auténtico espectáculo era velo en directo...
Dos seus álbumes de estudio eu recoméndovos este:
BBQ
"Tie your Noose"
(Bomp! Records, 2005)
descargádeo no blog Nosotros Somos Los Muertos:
*Nesta entrada tedes os tres álbumes e eps de BBQ como solista.

Les Sexareenos.

Coa disolución dos Spaceshits, King Khan abandonou mudouse a Berlín para fundar a superbanda King Khan & His Sensational Shrines. O resto dos Spaceshits quedaron en Montreal e formaron a mellor banda que xamáis puideron imaxinar, LES SEXAREENOS. Todos comparten voces, e Mark Sultan volve á batería. Reducen a carga de punk, o son vólvese máis chatarreiro, e engaden moito máis ritmo rhythm'n'blues e funk, e melodías soul. A festa imparable. En só dous anos publicaron dous dos álbumes de garage-rock-rhythm'n'blues máis salvaxes de case sempre!!! Este é o primeiro deles, en directo para non perde-la súa intensidade!!!
LES SEXAREENOS
"Live! in the Bed"
(Sympathy 4 the Record Ind, 2000)

The Spaceshits.

Comezamos maratón de bandas de Mark Sultan, a modo de artigo multimedia... Mañán xa veredes por qué... Así que para empezar polo principio non?
Aquí tedes o último lp dos Spaceshits, banda na que Sultan deixou a batería para pasarse ás voces, e donde coincideu por primeira vez con Eric Khan 'Blacksnake' (logo King Khan). Foron catro anos de excesos, escándalos e discazos. O último foi este. Grandísimo...

THE SPACESHITS
"Misbehavin'"
(Sympathy 4 the Records Ind., 1999)

descargádeo no blog Turn Right to Open:

Novo libro de Miguel Anxo Martinez "O discurso dos Afluentes"

Mañá Venres 23 terá lugar a presentación do novo libro de 
MIGUEL ANXO MARTINEZ:
"O discurso do Afluentes. 
Viaxes polas aldeas e lugares do Salnés"
de Edicións A Nosa Terra, dentro da súa Colección As Viaxes.


A presentación será mañan, Mércores 23 ás 20:00h. no Centro Comarcal do Salnés. Cambados.




E aquí tedes unha entrevista con Miguel Anxo publicada na mesma web de Edicións A Nosa Terra:


Miguel Anxo Martínez Oubiña, autor de "O discurso dos afluentes"

"O mellor dun libro de viaxes non é a xeografía senón as persoas que un se encontra"
Redacción . 
Mar Barros / ANT Nº1410



O periodista e narrador Miguel Anxo Martínez Oubiña asina o libro de viaxes O discurso dos afluentes. Viaxes polas aldeas e lugares do Salnés (Edicións A Nosa Terra), no que percorre recunchos esquecidos da comarca, a memoria das xentes, tradicións e lendas populares. O autor de En precario, novela satírica sobre a precariedade laboral, e do libro de relatos de misterio Depósito de cadáveres rende ademais homenaxe ao mundo rural no que se criou e fai unha chamada de atención ante o proceso “alarmante” de despoboamento que está a experimentar.

Trátase dunha viaxe polas aldeas e os lugares do Salnés. Por que o titula O discurso dos afluentes?
Buscaba que o protagonismo recaese no pequeno patrimonio, no que menos se repara. Non quería determe tanto nas grandes construcións coma nos muíños, as pontes vellas, os cruceiros e en toda esa cultura popular de lendas, tradicións e supersticións. Por así dicilo, máis que darlle voz aos grandes ríos, perseguía que falasen os afluentes.

Como axuda a creatividade literaria á hora publicar un libro de viaxes?
No mundo do libro de viaxes conviven as guías estritas, que tan só describen lugares e ofrecen claves históricas e recomendacións, con traballos máis narrativos onde a literatura adquire un peso importante. Este tipo de obras debe engaiolar a través da linguaxe e o escritor debe saber escoitar as xentes dos lugares que visita, porque normalmente o mellor dos libros de viaxes non é o que escribe o autor senón o que contan as persoas coas que se vai topando. Transcribir esa paisaxe humana enriquece o libro máis que a paisaxe xeográfica. 

O Salnés é un territorio aberto a moitas paisaxes, pero semella que o mar é esencial. 
Aínda que neste libro basicamente se reflicte o rural, que conforma o apartado menos coñecido do Salnés, sería imposíbel non introducir o mar pola importancia que ten dende o punto de vista económico, cultural e social. 

Que papel xoga nel a historia? 
O que vemos non son imaxes núas. Detrás delas agáchase a historia que lles dá significado. Se contemplamos un pazo, debemos deternos nos detalles da súa historia oficial e oficiosa, artellada ao redor das crenzas populares, porque consegue que a paisaxe cobre vida. O libro detense no Pazo da Rúa Nova, na parroquia de András, en Vilanova, do que se recollen historias como a de que se un condenado era capaz de chegar ao edificio e de agarrarse a unha das argolas situadas aos lados do portalón principal antes de que o prendesen, automaticamente era indultado.
Boa parte do Salnés é hoxe un lugar privilexiado para o viño e as adegas. 
Tanto para o albariño como para o tinto de Barrantes, unha tipoloxía da zona non recoñecida polas administracións por ser híbrido, pero moi arraigado na sociedade do Salnés e na raíz económica da comarca. Centos de familias labregas cultivan tinto Barrantes. Fronte ao albariño, que é un viño institucionalizado, o Barrantes ten esa consideración canalla. As administracións deberían buscar fórmulas que permitisen superar este baleiro e dotalo de cobertura legal.

Como definiría a personalidade das xentes do Salnés?
É difícil. Teño a impresión de que varía dunha parroquia a outra.

Escolla catro espazos concretos do Salnés que o viaxeiro debería descubrir.
Un deles é A Armenteira, en Meis. Ademais dun mosteiro, xoia da arte da provincia, ten unha paisaxe de media montaña e arborado e unha xeografía espectaculares. Polas súas connotacións, quedaríame tamén co monte Lobeira, en Vilanova, na miña opinión a mellor atalaia da comarca. Aínda que non se trata dun monte moi alto, a súa situación no medio da comarca permítelle ao viaxeiro contemplar tanto a zona marítima como a interior e apreciar a configuración do val do  Salnés. Ademais destas peculiaridades, o monte de Lobeira está cargado de historia e de lendas. De historia porque aí houbo un castelo medieval e nel está un dos últimos círculos líticos que existen en Galiza, e de lendas porque aínda se conservan moitas que falan de pasadizos que unían o curuto cun convento en Vilagarcía, ou de ouro e veleno agachados debaixo de cons. En terceiro lugar destacaría a Pena da Forca, un rochedo de seis metros de altura, en Ribadumia. O nome fai alusión as crenzas dos mouros e aos lugares onde mataban aos cristiáns. Trátase dun espazo bastante degradado despois de sufrir un incendio importante na vaga de lumes de 2006. Por último, recomendo o Rego do Alcalde, en Vilanova, a carón do mar. Coa marea baixa pode transitarse. É un litoral diverso, estruturado en pequenas calas, nas que se suceden as zonas de area e de rochas.

Que personaxes dos que aparecen no seu libro destacaría como propiamente literarios, a pesar de ser reais? 
Chamoume a atención, polo seu sentido do humor, un home medio cego que coñecín a carón do Pazo da Rúa Nova. Camiñaba moi lentamente cun caxato. Foi quen me contou a historia do indulto dos condenados. Dicía que os homes quedaban libres da condena pero que a cambio tiñan que quedar de criados no pazo, “que gran penitencia era esa tamén”. Ese sentido do humor convérteo nun personaxe literario, como o cura que armou toda unha estrataxema finxindo unha Santa Compaña para que os fregueses desen máis cartos á igrexa. 

Os mitos tamén están presentes neste volume.
No Salnés existe unha gran cantidade de lendas preciosas. Está, por exemplo, a do Santo Ero da Armenteira, un monxe que permaneceu escoitando un paxaro durante trescentos anos, despois de pedirlle a virxe inspiración para coñecer o significado da eternidade. Consérvanse ademais tradicións relacionadas cos ritos de fecundidade. Neste sentido, é coñecida a das nove ondas da praia da Lanzada ou a da Ponte dos Padriños, en Ponte Arnelas, á que acudían as parellas con problemas de concepción. A media noite tiñan que interceptar a primeira persoa que pasase por alí e obrigalo a oficiar como padriño nun bautizo dun non nacido. Cando o neno nacese o meniño debía chamarse Alberte ou Alberto. 




martes, 22 de junio de 2010

domingo, 20 de junio de 2010

Chourizo Films homenaxea a Miguel Anxo Fdez na súa nova curta.

Aquí tedes a curta de CHOURIZO FILMS, realizada como homenaxe a Miguel Anxo Fernández para a gala do 7º Premio Ramóns Cabanillas q otorgan os libreiros de Cambados. Hai unhas semanas xa vos adiantamos un breve previo coa intervención de Paco Charlín, e dende a semana pasada xa estaba completo en Facebook esta adaptación da novela Un nicho para Marilyn. Agora xa o tedes na canle de youtube de Chourizo Films:

Isi e banda...

Ahí tedes unhas cantas fotos do concerto de onte de Isi, Edu e Volker...
Tremendos tipos. Moitas Gracias ós tres!!!!


Nos próximos días xa iremos subindo videos e algunha sorpresa máis de todo o de onte...

viernes, 18 de junio de 2010

Sábado 19: ISI VAAMONDE en concerto.

E mañán, Sábado 19, para ir quentando motores de cara ó XIº Aniversario do local no mes de Xullo, teredes a oportunidade de ver unha vez máis en directo a Isi Vaamonde, desta vez en formato trío. De volta ó rock'n'roll básico...

Sábado 19 de Xuño 23:30h.
ISI VAAMONDE en concerto
Volker Ledwig: bateria
Edu Pulpillo: baixo
Isi Vaamonde: guitarra e voz


Non vo-lo perdades!!!

The Dings-Dongs (Mark Sultan + Bloodshot Bill)

Novo proxecto de Mark Sultan... desta vez cun dos mellones e máis terroríficos one-man band Bloodshot Bill, e o resultado é unha marabilla á altura do que se podía agardar. O cal ven sendo unha boa nova para nos, logo de que o proxecto de Sultan con King Khan (King Khan & The BBQ Show) parece bastante esgotado logo do seu decpcionante último disco que non hai por donde coller. Pero a comuna hindú-pakistaní do Canadá francófono está de noraboa, pq algúns dos seus membros máis frikis volven funcionar. Sultan e Bill convértense en THE DING-DONGS, contando coa colaboración de Aris Blacksnake (membro tamén dos Sensational Shrines que acompañan a Khan) e nos ofrencen o que mellor saben facer, lo-fi que roza a basura máis absoluta en canto a son, con 13 cañonazos, cheos de melodías de auténtico revival purista que vos devolverá os anos 50 máis bizarros...
THE DING-DONGS
"The Ding-Dongs LP"
(Norton Recs, 2010)

descargádeo en Nothing but Trash:

jueves, 17 de junio de 2010

O álbum da semana: The Bambi Molesters "As the Dark Wave Swells"

O álbum desta semana chéganos dende o Adriático, un lugar tan pouco habitual do que as bandas poidan trascender das súas fronteiras, que só por eso esta banda merece a nosa atención. The Bambi Molesters é unha banda de surf rock de Sisak, Croacia, e tiveron certa repercusión como teloneiros de REM nas súas últimas xiras da banda, sendo unha desas apostas de Peter Buck. Pero The Bambi Molesters  non son uns novatos, levan editando álbumes dende o 1995, e este é o seu octavo traballo...
THE BAMBI MOLESTERS
"As the Dark Wave Swells"
(Dancing Beat, 2010)

descargádeo no blog El Club de Los Magios:

miércoles, 16 de junio de 2010

THE INNER SPACE "Agilok & Bubblo"

E aquí a fantástica ampliación do single dos The Inner Space para a BSO de “Agilok & Bubblo” de Peter F. Scheneider en 1968, que nesta reedición de Wah Wah Supersonic Sounds recolle o total das composicións feitas pola banda para o filme.
THE INNER SPACE
"Agilok & Bubblo"
(1968 - reed. Wah Wah Supersonic Recs 2010)
*[aqui tedes a edición en vinilo, que contén toda a BSO. A edición en cd contén 2 temás con máis de media hora de temas inéditos dos Inner Space na súa transición a CAN, así que ou o mercades ou vos buscade-la vida, que non vos van a dar todo o traballo feito non???]

Irmin Schmidt & Inner Space "Kamasutra"

E aquí tedes a reedición do primeiro daqueles singles, convertido en álbum, completado co resto da banda sonora do filme Kamasutra Vollendung Der Liebe, de 1969, creada e dirixida por Kobi Jaeger.
IRMIN SCHMIDT & The Inner Space
"Kamasutra Vollendung Der Liebe
(Crippled Dick Hot Wax 1969 - reed. 2010)
descargádeo no blog Savage Saints:

E aquí tedes unha fantástica reseña desta reedición escrita polo mesmísimo Julian Cope.

THE INNER SPACE en Mondo RifPOP!!!

A entrada anterior, era en realidade unha mera introducción para este breve repaso sobre a efímera existencia de THE INNER SPACE, a banda que en só un par de meses se convertiron nos xeniais e irrepetibles CAN, mentres que aquela enigmática banda (da que nin tan seguera os seus membros se adican a falar) se converteu nun lugar aínda máis misterioso de creación...
Así que o tiven que convertir nunha nova entrega de Mondo RifPOP!!!


Quen se fixou nos singles da entrada anterior, daria conta de que os dous primeiros non estaban firmados realmente por CAN. O primeiro deles é de THE INNER SPACE, e o segundo por IRMIN SCHMIDT & THE INNER SPACE PRODUCTION. Todo iso é a historia previa a CAN, así que aquí revisaremos un pouco desa excitante historia tan breve que tan só durou un par de meses na convulsa RFA de finais dos 60.
Sobre Can podedes botar un ollo nunha das entregas da columna De Ventrílocuos Impostores, de Libro de Notas, na primeira adicada ás vías do KrautRock de Can e Neu!, pero tamén axuda a contextualiza-lo momento a segunda entrega, aínda que esté centrada en Amon Düül e Guru Guru. Porque antes de todo iso... foi The Inner Space.
The Inner Space é unha banda misteriosa, rodeada de lendas como poucas outras. Logo reencarnados en CAN, unha das máis grandes bandas da historia da música e das máis influíntes do século XX. Sen embargo, a historia previa á formación de CAN é tan escura e transgresora, ou máis que toda a súa obra posterior. De cómo unha banda se convirte nun lugar. 
De feito, co paso dos anos nada sabemos daqueles míticos Inner Space, agás que a band estaba formada polos catro instrumentistas de CAN: Irmin Schmidt, Holger Czukay, Michael Karoli y Liebezeit Kaki, e somentes duraron en activo un par de meses, ata a incorporación de Malcolm Mooney como vocalista. Desde enton The Inner Space convirteuse no nome do seu estudio de gravación, situado nun castelo en Schloss Nörvenich, nas aforas de Colonia, facendo crecer a lenda sobre The Inner Space, unha misteriosa banda transformada agora nun misterioso lugar, no que todo era posible e dende o que se modificou o concepto da música que veu despois. Daquel lúgubre espacio saíu en primeiro lugar aquel fantástico “Monster Movie” de 1969, xa firmado por CAN, pero antes diso houbo dous traballos firmados polos enigmáticos The Inner Space. Son dous escuros 7 pulgadas, case imposibles de conseguir hoxe en día, do que as poucas copias dispoñibles no mercado superan os 300€.

O primeiro deles é atribuído a Irmin Schmidt and The Inner Space Production, e non é outra que a banda sonora do Kamasutra: Kamasutra Vollendung Der Liebe, de Kobi Jaeger, de 1969 era un filme que evidenciaba un novo despertar da RFA, actualmente se calificaría como cine erótico, aínda que iba un pouco máis alá, pero toda unha revolución da época. Puro cine de serie b con distribución case comercial, coas estrelas Bruno Dietrich e Barbara Schöne, que mesturando imaxes da milenaria cultura hindú coa contemporaneidade alemana, ten pretensións didácticas sobre o despertar sexual dunha sociedade que por fin se podía sacudir os fantasmas de dúas guerras. 





Schmidt xa compusera máis bso, pero nesta ocasión ten máis relevancia, polo tipo de filme e por estar totalmente pensado para cada escena, nalgúns casos, case de xeito fotograma a fotograma. O son é moito máis hippie, do tipo dos primeiros traballos de Amon Düül, moita flauta, elementos acústicos e ritmos moi suaves. Coma veremos, e igual que no seguinte caso, somentes se publicou un single de 7’’ con dous temas: o tántrico e hipnótico instrumental de ‘Kamasutra’, e na cara b o pop épico e fraternal de ‘Nightingale’, totalmente na onda flower power de San Francisco da mesma época. E igual que no seguinte caso, recentemente reeditouse a totalidade da bso:
Irmin Schmidt and The Inner Space – Kamasutra Vollendung Der Liebe (Crippled Dick Hot Wax 2010), aínda que esta xa se podía atopar en edicións moi cutres, igual que a peli, que podedes atopala na web cun pouco de insistencia, pero sen moito esforzo, no caso de que vos pique a curiosidade.

Pero a auténtica xoia chegou despois, o mes seguinte, ou ás dúas semanas, ou cecais, foi antes, ninguén o recorda, e quenes sí o saben mantéñense en absoluto silencia, pero dende entón convertiuse nun deses incunables que moitos recordan, pero ninguén posúe. Falamos da única gravación e publicación coñecida dos THE INNER SPACE firmada como tal. 







“Agilok and Bubblo” foi o 7’’ que contiña os dous temas que os efímeros The Inner Space compuxeron para o filme do mesmo nome, Agilok & Bubblo, creada e dirixida polo non menos enigmático director Peter F. Scheneider en 1968. Era unha cinta problemática, unha sátira sobre a política, a violencia e a sociedade, nun momento de paréntese entre os idolatrados Adenauer e Brandt. Un filme problemático nun momento complicado. E iso a covertiu nunha obra case prohibida, que nin tan sequera podemos considerar de culto, posto que hoxe en día non atoparedes máis referencias a ela que polo noso single protagonista, e a súa recente reedición. Por suposto eu non tampouco vin xamais a peli, pero sí algunhas imaxes en documentais do underground xermano da época, e dende logo era unha especie de bikini girls with machine guns, aínda que máis literalmente como a cantaban os New Rippers... chicas desnudas con metralletas, en plan musical descerebrado e surrealista.

Pero volvamos ós Inner Space. No seu momento só se editou o 7’’ xa mencionado, que contiña dous temas, na cara a ‘Aggilok & Blubblo’ e na b ‘Kamera Song’, dous temas totalmente influenciados pola primeira Velvet Underground, coa súa propia Nico particular incluida. A nova sociedade que estaba a crecer dende as cloacas da RFA estaba a xestar novas imaxes, novo cine, e por suposto nova música. Estes dous temas son un dos principais pistoletazos de saída. Sen embargo xa adiantamos que The Inner Space compuxeron o completo da banda sonora do filme de Scheneider, que nunca antes foran publicadas... ata agora. 
Tiveron que pasar máis de 40 anos de silencio, e que tivera que ser un selo de Barcelona quen tivera as pelotas de recuperar todo aquel material, arranxalo e finalmente darllo a coñecer ó mundo enteiro. Estes atrevidos foron Wah Wah Records Supersonic Sounds, e agora con todo merecimento o mundo enteiro ponse ós seus pes. Xa levan tempo reeditando moito material do kraut rock xermano dos 60 e 70, moitos deles inéditos dende a súa edición orixinal, e un deses casos, e aínda ampliado é o caso que nos ocupa. Ademáis preséntano en dúas edicións. A edición en vinilo, con tódo-los temas da BSO orixinal (lembrade, nunca antes publicada) e a edición en cd, que inclúe dous bonus tracks inéditos que aportan case 30 munutos máis de auténtica kosmische musik!!! En calqueira caso, nesta colección alucinaredes cos temas pop coma nunca lle imaxinaríades os (logo) membros de CAN, ademáis de todos esos pasaxes ou exercicios sónicos que reproducián directamente as ensinanzas de Stockhausen, e dous cortes (‘Flop Pop’ e ‘Apokalypse’) que xa nos adiantan a esencia do kraut-rock que viria despois.

Aquí tedes o tema principal 'Aggilok & Bubblo' e o adianto kraut de 'Apokalypse':

Con todo isto espero que vos entraran as gañas de desfrutar destas xoias ocultas reeditadas. E a ver se vo-las ofrezco nas seguintes entradas.

Saúde RifPOPerZ!!!!