miércoles, 16 de junio de 2010

CAN, algúns singles

Como a semana pasada non tivemos nada a modo de clásico da semana, hoxe terei que compensarvos con uns cantos deses incunables que poucas veces teredes ocasión de atopar. Empecemos con unha colección de singles dunha das miñas bandas favoritas, os xermanos CAN, e logo na seguinte entrada xa verdes porqué...
Aquí tedes o "Agilok & Bubblo" e o "Kamasutra" de 1968, "Soul Desert" de 1969, "Spoon" de 1970, "Turtles Have Short Legs" de 1971, e de bonus, aínda que xa de outra época o "Hunter & Collectors" de 1975 pertencente ó seu álbum "Landed". Pero se vos fixades os 2 primeiros son previos ó mítico "Monster Movie", e nin tan sequera están firmados por CAN. 
Pero diso xa falaremos na seguinte entrada...


Enlace tomado do blog Savage Saints.






No hay comentarios: