Por suposto o tema orixinal 'Poison Ivy' é de The Coasters, foi un dos seus singles de maior éxito, que saiu á luz en 1958 chegando a ser número#1 nalgunha desas ducias de listas de ventas dos USA, e chegando ó top ten nas absolutas de USA e UK. Por suposto é un dos seus temas máis coñecidos, e un deses temas que ata ós que non lles gusta a boa música coñecen.
Este audio recolle o son dun concerto da época (o tema comeza no minuto 2:30)
E aquí os tedes, xa con outras ansias, nunha actuación na TV, 50 anos despois, no 2007!!!
Como versionándose a si mesmos...
Por suposto, dende o primeiro momento, numerosas bandas de Atlantic e Motown fixeron versións deste tema, pero imos a 1963, no outro lado do atlántico, coa primeira gran banda de Manchester, The Hollies, cunha nova interpretación do rhythm'n'blues...
Seguimos no Reino Unido, pero chegamos a 1980, The Lambrettas convertíronse nos auténticos reis da festa do revivalismo mod coa súa versión case ska...
O éxito dos Coasters fixo que dende o primeiro momento en sudamérica se fixeran covers adaptadas ó castelán. Xa en 1958 se formaran en México DF Los Rebeldes del Rock, e no seu primeiro álbum (creo que de 1960) incluían o exitoso 'Hiedra Venenosa':
E por último chegamos a Los Straitjackets, recuperando naquel "Rock en Español vol.1" (2007) a 'Hiedra Venenosa' dos Rebeldes mexicanos:
No hay comentarios:
Publicar un comentario