miércoles, 9 de junio de 2010

ISI VAAMONDE o Sáb 19 en concerto no Rif!!!

E non podiamos pasar outro mes sen música en directo no RIF-ROCK, así que antes de todo o que programemos para a celebración no XIº Aniversario do local, o próximo Sábado 19 teredes a oportunidade de ver unha vez máis en directo a Isi Vaamonde, desta vez en formato trío.
de volta ó rock'n'roll básico...


SÁBADO 19 de Xuño 23:30h.
ISI VAAMONDE en concerto
Volker Ledwig: bateria
Edu Pulpillo: baixo
Isi Vaamonde: guitarra e voz


E si queredes facer dobrete os que estedes pola Coruña, tamén estará en directo o Xoves 17, no FNAC A Coruña, ás 19:30h.


No hay comentarios: