Hoxe e mañán unha nova edición da Feira do Disco que organizan os pubs O VINILO (Ogrobe) e EL AGENTE NARANJA (Portonovo)
Volve a Feira do Disco a Vinilo (Ogrobe) e a El Agente Naranja (Portonovo). Outro ano máis os amantes do vinilo volven ter unha cita en Ogrobe o mércores 28 e en Portonovo o xoves 29. Diferentes postos de venda de discos estarán dispostos a modo de mercadillo dentro destes locais entre as 19:00 horas e as 21:30. Da man de tendas especializadas como Honky Tonk (Vigo) e de particulares como Manolo Dorrón, dedicado toda a vida a esta actividade, a sexta edición desta feira voltará encher de melómanos e coleccionistas "Vinilo" e "El Agente Naranja" durante os seráns de mércores e xoves respectivamente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario