Para os que lles costa entender que é unha versión...
Aquí tedes a grandísima "Way Down in a Hole" de TOM WAITS, que aparecía no "Franks Wild Years" (Island, 1987). Unha auténtica barbaridade, e máis así presentada en directo. Un deses temas polos que Waits está noutro nivel inalcanzable para case todos...
E logo está a tremenda versión dos BLIND BOYS OF ALABAMA, que a HBO empregou para a cabeceira da serie The Wire. E non, non é unha banda de agora que apareceu da nada para grabar xunto con Ben Harper hai uns anos. The Blind Boys of Alabama é unha institución no gospel dos USA, que levan publicando álbumes dende... atención!!! 1948!!! e case a disco por ano... evidentemente os seus membros fóronse renovando, e o seu abano ampliouse cara o blues, pero a sociedade segue tal cual nos anos 40.
Este é o seu 'Way down in the Hole' en directo, e na cabeceira da serie. Un auténtico máster de como facer unha versión xigantesca de un tema insuperable!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario