Hai un par de semanas preguntáronme cal era o disco máis 'friki' que tiña na casa, e din varias posibilidades, todas auténticas barbaridades que teñen a súa propia historia e a súa razón de ser, e sempre boas anécdotas detrás. Pero onte dinme de conta de que en realidade teño algunha cousa aínda máis friki no sentido máis clásico do termo. Nada máis nin nada menos que a banda sonora orixinal do filme Plan 9 from the Outer Space, que Retrosonic reeditara en 1996, un ano ou así despois do filme Ed Wood de Tim Burton, e aínda mellor, non o teño en cd, senón en cassette, con todo o libreto rigurosamente fotocopiado. E mira por donde, semellante documento apareceu o outro día subido en Digital Meltdown.
Pero presentemos a obra: nos créditos oficiais aparece composta por Frank Worth, que evidentemente é un nome falso. Numerosos artigos afirman que en realidade Ed Wood encargou a selección musical Gordon Zahler, que se adicou a coller composicións descartadas para outros filmes, e outras pezas sen firmar. Evidentemente eso explica que a calidade destas composicións sexa moi superior á do filme, e sen embargo foi algo no que apenas gastaron un duro. Pero a lenda continúa, posto que a discográfica que fixo o descomunal traballo de recuperar esta gran obra con tanta calidade de son, RETROSONIC non publicou nin unha soa referencia máis, nin tan sequera hai información sobre o selo en toda a rede... jajajaaaa inquietante!!!
"Plan 9 from the Outer Space.
A Nightmare Rhapsody (The Original Music Underscore)"
(orix 1959, reed Retrosonic 1996)
No hay comentarios:
Publicar un comentario