jueves, 15 de julio de 2010

Golden Triangle "Double Jointer" álbum da semana

O álbum desta semana chega dende NYC. Golden Triangle son un sexteto (tres rapazas e tres tipos frikis) que conseguiron unha extraña mestura de postpunk, pop indie, e ritmos garageiros de desconcertan dende a primeira escoita. Temas moi densos nos que continuamente cres estar escoitando outra cousa, ou multitude de cousas en cada pista, cando en realidade todo é moito máis sinxelo do que parece. O seu éxito é ese, bos temas, boas melodías, e ben enmascaradas entre todo tipos de instrumentacións, atmósferas irrespirables, ritmos contundentes e acelerados, e tormentas de ruído e máis ruído. Dende o revivalismo da inicial 'Cinco de Mayo' ata o último exercicio ruidista da parodia 'Arson Wells'.
GOLDEN TRIANGLE
"Double Jointer"
(Hardly Art/Sub Pop, 2010)

descargádeo en SoundWeave:


No hay comentarios: