Xa hai tempo que non vos recomendamos unha pelicula desas frikalladas pouco habituais que tanto nos gustan. Con tóda-las preguntas sobre a imaxe do cartel da sesión deste sábado, aquí o tedes, outra breve entrega de Mondo RifPOP, e esperemos que vos sirva de recomendación para a vosa colección.
A imaxe está sacada dun dos posters promocionais do filme Astro-Zombies de 1968, escrita e dirixida por Ted Mikels, que aínda hoxe segue dirixindo e producindo enxendros coma este, e incluso remakes de remakes do mesmo unha e outra vez... pero seguramente o único filme con certa popularidade da súa carreira foi The Doll Squad, de 1973.
Astro-Zombies é un clasicazo do xénero, no que un mad doctor nun laboratorio espacial crea unha raza de zombies asasinos, pero precisa corpos frescos... e mentres se suceden os violentos asasinatos e as extrañas desaparicións, a CIA se infiltra para poñer fin ó proxecto e outros grupos de espías das potencias enemigas tentan con facerse co seu segredo...
O filme contaba con Wendell Corey e John Carradine como protagonistas, pero na que o reclamo absoluto recaía na fantástica Tura Satana. Terror, thriller, espias, salas de espectáculo, escenas de puro surrealismo e moito machetazo en plan gore, e ademáis con Tura Satana... Que máis queredes?
Buscádea por que non ten desperdicio!!
Astro Zombies A imaxe está sacada dun dos posters promocionais do filme Astro-Zombies de 1968, escrita e dirixida por Ted Mikels, que aínda hoxe segue dirixindo e producindo enxendros coma este, e incluso remakes de remakes do mesmo unha e outra vez... pero seguramente o único filme con certa popularidade da súa carreira foi The Doll Squad, de 1973.
Astro-Zombies é un clasicazo do xénero, no que un mad doctor nun laboratorio espacial crea unha raza de zombies asasinos, pero precisa corpos frescos... e mentres se suceden os violentos asasinatos e as extrañas desaparicións, a CIA se infiltra para poñer fin ó proxecto e outros grupos de espías das potencias enemigas tentan con facerse co seu segredo...
Tura Satana cun dos Astro-Zombies do Dr.DeMarco. |
O filme contaba con Wendell Corey e John Carradine como protagonistas, pero na que o reclamo absoluto recaía na fantástica Tura Satana. Terror, thriller, espias, salas de espectáculo, escenas de puro surrealismo e moito machetazo en plan gore, e ademáis con Tura Satana... Que máis queredes?
Buscádea por que non ten desperdicio!!
USA, 1968
dir: Ted V. Mikels
(ver ficha en IMDB)
No hay comentarios:
Publicar un comentario