Nos estamos encantados con esta avalancha de bandas que se apuntan á neo-psychodelia... sexan por puro hype ou das de verdade. Todas se deixan escoitar e xa faremos a criba con un pouco máis de tempo. Pero mentres estamos nesas, tóda-las semanas nos chegan uns cantos discos do pau que normalmente nos teñen un par de días hipnotizados.
O que máis veces raiamos esta semana foi sen dúbida o debut de Axxa/Abraxas, que é o proxecto de Ben Asbury, un estudiante de Atlanta que despois de varias demos en cassete como Axxa/Abraxas ou como RTA Art Collective, a finais do 2013 conseguía que Captured Tracks lle publicasen o seu primeiro 7'', co single 'I Almost Fell', e coa boa acollida a próxima semana lanzan o seu primeiro Lp homónimo... lo-fi. psychodelia, fuzz tímido e space rock, todo cunhas melodías pop preciosas ('So far away'), e algunha peza máis suxa como 'On the Run'. A única pega é que igual lle sobra algún falsete...
AXXA/ABRAXAS "Axxa/Abraxas"
(Captured Tracks, 2014)
No hay comentarios:
Publicar un comentario